Ángeles Vázquez e Juan Carlos Suárez-Quiñones trasladarán ao Parlamento Europeo a situación que está a vivir a gandaría e o medio rural ao Noroeste do país polas decisións “erráticas” do Goberno central con relación á xestión do lobo
León, 7 de novembro de 2022. A Xunta de Galicia e o Goberno de Castela e León manterán este mes de novembro unha reunión con representantes do Parlamento Europeo para dar a coñecer o impacto que están a ter no medio rural, na biodiversidade, no sector primario e, particularmente, na gandaría extensiva e nas razas autóctonas do Noroeste do país as últimas medidas e decisións adoptadas polo Goberno central con relación ao lobo.
Así o anunciaron a conselleira de Medio Ambiente Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o seu homólogo castelán-leonés, Juan Carlos Suárez-Quiñones, no marco da reunión que mantiveron esta tarde na Delegación Territorial da Junta en León para abordar a situación da especie e analizar as consecuencias nos seus respectivos territorios das políticas “erráticas” adoptadas polo Executivo estatal ao longo dos dous últimos anos.
Neste sentido, cómpre lembrar que tras a aprobación en setembro de 2021 da orde ministerial pola que se incluíu o lobo na Listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial (Lesrpe), ambos gobernos autonómicos decidiron recorrer a decisión ante a Audiencia Nacional ao entender que fora adoptada forma unilateral, á marxe das principais comunidades lobeiras do país e sen base científica algunha.
Un ano despois daquela primeira decisión, os dous conselleiros compartiron hoxe a súa preocupación pola situación xerada tras coñecerse que o Goberno central decidiu deixar fóra da distribución dos 20 millóns de euros reservados este ano para o lobo a aquelas rexións que, como Galicia e Castela e León, non subscribiron a nova Estratexia nacional para a conservación e xestión da especie.
Este documento foi aprobado na Conferencia Sectorial do pasado mes de xullo a pesar do voto en contra das principais comunidades lobeiras —Galicia, Castela e León, que concentran o 93% dos exemplares de todo o país—. Pola contra, estas comunidades si votaron a favor da proposta de reparto territorializado dos 20 millóns de euros, dos cales a Galicia lle corresponderían 4,3 millóns e a Castela e León, un total de 8,8 millóns.
Sen embargo, e en contra do acordado no marco da Conferencia Sectorial, o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (Miterd) comunicou recentemente a súa decisión unilateral de vincular o acceso a estes fondos á subscrición previa da referida Estratexia.
Esta decisión do Goberno central sobre a transferencia das partidas para o lobo “obedece a motivos políticos” e carece “de fundamento legal” ao tempo que “discrimina e prexudica aos ganadeiros” de Galicia, de Castela e León e doutros territorios que non apoiaron a Estratexia, como coincidiron en sinalar os conselleiros Ángeles Vázquez e Juan Carlos Suárez-Quiñones.
Por este motivo, o Goberno galego decidiu recorrer pola vía contencioso-administrativa a exclusión de Galicia da distribución dos orzamentos estatais comprometidos para o lobo, mentres que o Executivo leonés presentou unha reclamación previa á vía xudicial instando ao Miterd a que transfira as partidas aprobadas, sen prexuízo da interposición do correspondente recurso.
Neste sentido, Ángeles Vázquez puxo á disposición de Castela e León o recurso contencioso-administrativo presentado pola Xunta o pasado 27 de outubro por se fosen do seu interese algúns dos argumentos xurídicos expostos xunto á súa reclamación.
Ao respecto, ambos conselleiros coincidiron na necesidade de esgotar todas as vías ao seu alcance para garantir o equilibrio no territorio entre o lobo e as actividades propias do medio rural, co obxectivo de evitar que as principais comunidades lobeiras do país queden excluídas dun reparto económico ao que teñen lexítimo dereito.
Mentres tanto, Ángeles Vázquez subliñou que a Xunta seguirá apoiando o sector primario e o medio rural na súa convivencia coa especie. Con este obxectivo, indicou que o vindeiro ano triplicará os fondos destinados a aplicar medidas preventivas fronte a posibles ataques do lobo (1,9 millóns de euros) e avanzou que no marco da convocatoria deste ano xa resolveu case 700 expedientes de axudas por un importe de 347.155 euros.



















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



