A entrega do galardón será o vindeiro 2 de decembro no Teatro Pastor Díaz coa presenza do escritor Suso de Toro
Viveiro, 3 de novembro de 2022. O Concello de Viveiro anuncia que Irene Rega Jul, coa súa obra Tecendo Redes, é a gañadora do IV Premio de Novela Vilar Ponte. O xurado vén de anunciar o resultado do certame, así como a segunda praza de Francisco Ant. Vidal Blanco, coa súa obra As cartas do desarraigo.
O Premio de Novela Vilar Ponte, que cumpre este ano a súa cuarta edición, naceu coa finalidade de lembrar aos escritores Antón e Ramón Vilar Ponte e, asemade, apoiar e difundir a literatura en lingua galega.
“Parabéns aos dous escritores premiados neste certame, que gaña recoñecemento e consolidación cada ano. Un certame que impulsa sen dúbidas a creación literaria na nosa lingua”, afirma a alcaldesa, María Loureiro
O xurado desta edición estaba composto por Carlos Nuevo Cal, cronista oficial de Viveiro, profesor e historiador; Eva Mejuto Rial, escritora e xestora cultural; e María Lado Lariño, escritora.
Deste modo, na elección das obras finalistas valoráronse diferentes aspectos, como a calidade literaria, a boa narrativa, a temática, a actualidade e frescura na obra, a cohesión das partes da obra e a boa construción da trama.
A gañadora desta edición é Irene Rega Jul, coa obra Tecendo Redes. Segundo o xurado, a súa obra “contribúe ao corpus da novela negra galega aportando unha mirada renovadora ás temáticas clásicas do xénero”.
Para os expertos, na obra premiada “destacan o ritmo narrativo, a construción dos personaxes e una trama que mantén a intriga ata o final”. Por outra banda o xurado sinala “a escolla de escenarios pouco habituais no xénero; así como o feito de tratar temas e problemáticas da sociedade actual, como o acoso ás mulleres e o maltrato cun enfoque comprometido.”
O segundo premio correspóndelle a Francisco Ant. Vidal Blanco, coa súa obra As cartas do desarraigo. O xurado sinala que escolleu a obra “polo tratamento que fai das relacións familiares, a investigación sobre o pasado, a riqueza na creación dos personaxes, tanto os individuais como a vila que conforma un ecosistema singular”.
O premio entregarase o vindeiro venres 2 de decembro no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, ás 20:30. O escritor Suso de Toro será o mantedor do acto.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



