O programa de actos inclúe dous obradoiros no IES San Rosendo e unha andaina e a inauguración do banco violeta de Mondoñedo
Mondoñedo, a 18 de novembro de 2022. Un ano máis o Concello de Mondoñedo, a través do Centro de Información ás Mulleres, conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero por medio de actividades e actos institucionais para visibilizar e loitar contra a lacra que é a violencia contra a muller, máxima expresión da desigualdade de xénero.
Os actos centrais terán lugar o venres 25 de novembro de 2022. De 11.00 a 12.30 horas instalarase un punto informativo na Praza do Concello, onde se repartirá material relacionado coa temática e se imporá o lazo morado. Estes materiais son tanto de edición propia do Concello como facilitado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
Ás 12.00 horas terá lugar a lectura do manifesto contra a violencia de xénero, a cargo de Conchy Hombreiro Piñeiro, directora do Centro Sociocomunitario de Mondoñedo. A continuación gardarase un minuto de silencio.
Ás 15.00 horas será a inauguración do “Banco Violeta da reflexión contra a violencia de xénero”, unha iniciativa de Mulleres en Igualdade de Burela (Bumei), levada a cabo en colaboración con diversos concellos da comarca. Para esta data está prevista a iluminación morada da Fonte Vella e da Casa do Concello.
Actividades ao longo de todo o mes de novembro
Como é costume no Concello de Mondoñedo, as actividades contra a violencia de xénero non se centran nun único día, senón que se estenden ao longo do mes de novembro. Así, estanse a realizar as seguintes actividades:
Obradoiros no IES San Rosendo durante o mes de novembro:
1. “Game Over. Sexismo virtual Off”, financiado cos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, dirixido ao alumnado de 2ºESO e que trata sobre os valores, modelos e estereotipos que transmiten os videoxogos máis populares.
2. “Violencia de xénero nos novos contextos dixitais”, actividade organizada e financiada no marco do acordo de colaboración asinado entre este a Secretaría Xeral de Igualdade e a Federación galega de Municipios e Provincias de Galicia, para a conformación dunha rede de entidades locais contra a violencia de xénero, dirixido ao alumnado de 1º de ESO.
Andaina da reflexión contra a violencia de xénero e ruta dos bancos violetas. O Concello de Mondoñedo participa na actividade organizada por Bumei que ten dous momentos clave: a andaina do domingo 20 de novembro e a inauguración do banco violeta de Mondoñedo, o venres 25 de novembro ás 15.00 horas.






















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



