A conselleira da Igualdade puxo en valor as propostas presentadas que destacaron pola súa orixinalidade e carácter reflexivo
Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2022. A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, entregou hoxe nun acto na Cidade da Cultura, os premios de creación gráfica e audiovisual do concurso convocado polo 25-N, día internacional contra a violencia de xénero. A titular de Igualdade aplaudiu as propostas individuais e colectivas deste ano, que destacaron pola súa orixinalidade e reflexión acerca dunha problemática que adquire novas caras.
“Ano tras ano, e xa van catro , convocamos este concurso cun único obxectivo de promover a reflexión sobre a necesaria loita contra a violencia de xénero dentro dos centros educativos a través da ollada de vós, dos máis pequenos”, afirmou Lorenzana ante os participantes, e puxo en valor a importancia de ter “unha mirada fresca e renovada que visibiliza a educación en igualdade”.
As propostas gráficas e audiovisuais deste ano, puxo en valor, destacaron polas “mensaxes directas e claras en contra da violencia de xénero” e por ser “propostas orixinais e de calidade, mostra da gran sensibilidade e conciencia” que a xuventude ten sobre o tema.
A Xunta promove a formación en valores como un eixo transversal de todas as políticas educativas. “En Galicia temos ese compromiso: queremos formar bos estudantes e tamén bos cidadáns, por iso, queremos que as nosas aulas sexan verdadeiros espazos de inclusión e liberdade”, dixo Lorenzana.
Premiados
Escolares de Lugo, Pontevedra, Santiago de Compostela, Cee (A Coruña), Ourense, Ferrol, Salvaterra de Miño (Pontevedra) e Burela (Lugo) recolleron hoxe os seus galardóns.
Na 1ª categoría de imaxe gráfica -5º e 6º de educación primaria e de 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e educación especial- resultou recoñecido un alumno do IES Ánxel Fole de Lugo polo traballo Non sexas o seu xoguete. Ocupou o 2º posto, Sempre hai portas por abrir, doutro estudante de 1º de ESO do Colexio Santo Ángel de Ourense.
Na modalidade audiovisual desta mesma categoría, foi recoñecido o traballo Entendes ou non, a proposta do CEIP Mestre Martínez Alonso de Pontevedra. Foi segundo o CIFP Pintor Antonio Fernández, tamén de Pontevedra, por Trata como queiras que che traten!!
Na 2ª categoría -dirixida a 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato, FP básica e de ciclos de grao medio e superior- o primeiro posto en imaxe gráfica foi para un grupo de 1º de Bacharelato do IES de Sar, de Santiago de Compostela, pola súa proposta O amor non morde. Concedéronse tamén un segundo premio, a un equipo de 2º de Bacharelato do IES Salvaterra de Miño (Pontevedra), polo traballo Abre os ollos, están matando mulleres; e un accésit ao cartel do CIFP Leixa de Ferrol, co título: A violencia non che dá poder.
Na modalidade audiovisual destes cursos, os recoñecementos foron para dúas equipas. O primeiro para Control virtual, violencia real, a proposta do ciclo medio de xestión administrativa do IES Fernando Blanco de Cee (A Coruña). A plata foi para Non cales. Fala, montaxe realizada por 1º de Bacharelato do IES Monte Castelo de Burela (Lugo).
Todos os galardoados, ben a título individual como colectivo, recibiron cheques regalo para investir no comercio local e os centros representados, cadanseus lotes de libros.
Minuto de silencio
A entrega de premios fíxose coincidir coa conmemoración do Día internacional contra a violencia de xénero. A conselleira, acompañada dos asistentes, uniuse no recinto ao minuto de silencio en conmemoración das vítimas e de chamada a loitar contra a violencia de xénero.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.