Ademais dos desbroces, o Concello realiza sistematicamente pequenas obras de mantemento e melloras en pistas forestais
Barreiros, 21 de novembro de 2022. O Concello de Barreiros vén de concluír nestes días os labores de prevención e loita contra os incendios forestais no municipio. Para estas labores contou durante tres meses, ademais do tractor municipal de desbroce, cunha brigada composta por cinco persoas e unha motobomba na que operaban tres profesionais. Dito persoal, baixo a coordinación do distrito forestal de zona, participou en dispositivos de ámbito comarcal e realizou labores de limpeza e desbroces de espazos públicos baixo a supervisión do concelleiro de medio rural, Dámaso Ratoeira.
Ademais destas labores, dita concellería vén realizando sistematicamente obras de mantemento e mellora de vías rurais que facilitan o acceso en caso de incendios. Así, nos últimos días o persoal municipal mellorou o acceso aos depósitos de carga contra incendios de Benquerencia, coa ampliación da entrada e zona de virada da motobomba.
Ratoeira quixo poñer en valor “estas pequenas actuacións que se veñen realizando nos últimos tres anos -e que non se facían neste concello- que son fundamentais para ir poñendo a zona forestal en valor e cunhas condicións mínimas de seguridade”. Así, sinalou as labores continuas que se fan en mantento de cunetas das pistas forestais ou o coidado na conducción de augas nas mesmas; ao igual que o continuo contacto coas empresas do sector para o arranxo de posibles desperfectos derivados da saca de madeira.
“Por primeira vez en moitos anos, estase a facer neste concello unha labor de control e posta en valor da actividade forestal e iso supón que nestes momentos, quedando aínda marxe de mellora que se poida realizar en vindeiros anos, o concello de Barreiros conte cunha situación moi mellorada das pistas e espazos públicos forestais”, sinalou.
Quixo, ademais, agradecer a profesionalidade do persoal contra incendios que operou a nivel municipal, tanto na brigada como na motobomba, que permitiu o adecentamento de 10ha de espazos e de máis de 250km de desbroces en pistas forestais.





















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



