O voceiro, Jose Luís Regueiro, cre que “se deberían ofertar tamén parcelas algo máis pequenas” e bota en falta “un plan de acción e de financiamento por parte do Concello”
A Fonsagrada, 10 de novembro de 2022. O compromiso e apoio do Grupo Municipal Popular para o desenvolvemento dunha área industrial na Fonsagrada “é firme, como vimos expresando dende o inicio deste mandato”, segundo expuxo o voceiro, José Luis Regueiro, no último pleno da corporación municipal. É por iso polo que os populares votaron a favor da aprobación inicial do proxecto de urbanización do polígono industrial no Concello de A Fonsagrada e do proxecto de execución dunha glorieta na intersección entre a LU-530 e a LU-P-1901 para darlle acceso; así coma solicitar a cooperación da Deputación de Lugo. Trala súa aprobación inicial, por unanimidade, os proxectos exporanse ao público durante un período dun mes.
Con todo, o Grupo Municipal Popular amosou o seu rexeitamento á proposta da alcaldía sobre o financiamento do proxecto. “Tendo en conta que a aportación doutros Concellos que tiñan asinados convenios con Suplusa -que era unha entidade pertencente á Deputación de Lugo- era de 0 euros, non podemos estar de acordo coa negociación entre o goberno local e o goberno da Deputación porque lle suporía ao Concello aportar en tres anos o 20% do total do custe do proxecto, é dicir, 540.000 euros”.
En relación ao desenvolvemento desta área industrial, os populares lamentan que “a información sobre este proxecto nos chega a conta gotas. Non tivemos información de ningún tipo sobre a negociación dos terreos e o proxecto ata a última comisión extraordinaria de asuntos plenarios, onde se nos expuxo o proxecto final e, polo tanto, sen ter a posibilidade de facer aportacións”.
O voceiro amosouse crítico co tamaño das parcelas que son resultado “dun copia e pega do plantexamento do PXOM que recolle 13 parcelas: 11 de 1.425 metros cadrados, unha de 760 e outra de 1.050. Parécenos que en núcleos de poboación coma o da Fonsagrada sería interesante ofertar tamén un tamaño máis pequeno que pode ser máis acorde coas necesidades empresariais da zona”.
Igualmente, Regueiro bota en falta un plan de financiamento adecuado por parte do Concello. “O que será determinante e marcará o futuro da polígono industrial da Fonsagrada será o prezo de venda das parcelas; así coma o plan de acción e motivación empresarial que debe deseñar o Concello da Fonsagrada ligado a este proxecto”, engade.
FALTA DE PREVISIÓN DO GOBERNO LOCAL
O voceiro popular tivo oportunidade durante o pleno ordinario deste martes de comprobar “a falta de traballo e dunha adecuada xestión por parte do goberno local” porque así o demostra “a súa falta de previsión en determinadas cuestións”. É o caso do cambio de uso da parcela na que se ubican as pistas de pádel construídas con cargo ao Plan Único do 2021 e que “o goberno municipal levou ao pleno unha vez finalizadas as obras”.






















No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



