A ONGD Agareso estrea a peza, gravada na illa de Santiago e Burela, o próximo 3 de decembro ás 17h30 no Fórum Metropolitano da Coruña
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2022. A ONGD galega Agareso retrata no documental Si ka badu, ka ta biradu (Se non marchas, non podes volver) a importancia que ten o traballo das mulleres migrantes na supervivencia e no benestar das súas familias, na localidade galega de Burela e na illa caboverdiana de Santiago. A peza, que parte dunha investigación desenvolvida polo Equipo de Investigación Sociedades en Movemento (ESOMI) da UDC, estréase o próximo 3 de decembro ás 17h30 no Fórum Metropolitano da Coruña, dentro da segunda edición da mostra galega de audiovisual inconformista Cinema Rabudo.
Catro xeracións de mulleres contan as súas historias de vida, fondamente atravesadas pola experiencia migratoria, neste documental social de preto dunha hora d eduración e, ao facelo, trazan un fiel retrato da división sexual e da organización transnacional dos coidados. Vémolas cociñar, limpar, atender maiores e crianzas tanto nas súas localidades de orixe como na sociedade de destino, a galega, e comprendemos o impacto que ten nas súas vidas a ausencia dos homes neses labores. Son elas tamén as que organizan o tráfico dos afectos, as chamadas, os envíos remesas e de encomendas. As que aforran para un futuro de ensoño no que poder descansar despois de tantos traballos. En Burela ou en Caboverde.
Funha e a súa filla Zuleika falan da dureza da súa vida na localidade costeira de Porto Rincao, onde máis da metade das fogares están encabezados por mulleres que sacan adiante as súas crianzas sen axuda dos pais. Da mesma localidade son Grazilinda e Ernestina, dúas irmás que traballaron -e traballan- moi duro a ambos os dous lados da corrente migratoria para sacar adiante as súas familias, sen axuda dos pais dos seus fillos. Ernestina conta os días, en Burela, que lle faltan para poder xubilarse e volver onda súa irmá.
Dezideria, que ten fillas e netas nacidas no noso país, coida en Burela de netos e bisnetos para que as súas nais poidan gañar a vida fóra da casa. Mentres, en Cabo Verde, a súa cuñada Quinta, cóntanos que renunciou á emigración polo deber de coidar dos seus sogros, pero que desexa que os seus fillos marchen a Europa, na busca dun futuro mellor.
Belita e a súa filla, Zuleika, póñelle cara á dor da separación entre nais e fillas, cando unha das dúas debe quedar atrás. E, tamén, retratan os coidados que atravesan as fronteiras na forma de chamadas, mensaxes e envíos -as encomendas- que viaxan dende Burela ataa casa familiar de Cidade Vella, onde Bentinha e Nila, as irmás de Belita, coidan da súa nai nonaxenaria, Joia, mentres, os seus fillos constrúen as súas propias vidas en Burela e Lisboa.
O documental permítenos, tamén, acompañar a unha das súas protagonistas, Siza, no camiño de volta dende Burela ata Cabo Verde. Alí agárdana a luz e a calor, unha casa a medio construír, os bidóns cheos de obxectos que enviou e agora debe distribuír, as irmás que quedaron en Cabo Verde coidando dos seus maiores e a tumba do seu pai, que finou durante a pandemia. Con ela, comprendemos a dor irreparable que causa vivir dende a distancia a enfermidade e a morte dun ser querido.























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


