A concelleira de Turismo, Marisol Rey, acude á cita en Londres, entre o 7 e 9 deste mes, cunha ampla axenda de reunións co obxectivo de amosar os recursos turísticos da vila
Viveiro, 4 de novembro. O Concello de Viveiro estará presente, do luns ao mércores da próxima semana, na maior feira turística do mundo: a World Travel Market, que se celebra en Londres.
A concelleira de Turismo, Marisol Rey Yañez, representará á vila lucense nunha oportunidade única para o sector turístico vivairense. O evento supón unha oportunidade excepcional onde intercambiar experiencias e amosar os recursos turísticos de Viveiro e do resto da comarca da Mariña, entre eles o Camiño do Mar e a Semana Santa de Viveiro, declarada de interese turístico internacional.
O recinto Excel acolle entre o 7 e o 9 de novembro á industria turística mundial co obxectivo tamén, por parte da representación do Concello de Viveiro, de tomar o pulso ás tendencias e perspectivas do Reino Unido neste sector.
O World Travel Market presenta varios destinos e sectores da industria ante un público especializado de profesionais de viaxes no Reino Unido e no mundo. “É unha das feiras máis importantes e estarán presentes varias autoridades, entre elas prevese a presencia nesta cita de Reyes Maroto, ministra de Industria, Comercio e Turismo de España”, suliña Marisol Rey.
A concelleira de Turismo viaxa a Londres cunha axenda repleta de reunións tanto con turoperadores como con axencias de viaxes, cos que manterá contactos que sen dúbida servirán para dar aínda más pulo a un sector turístico sempre en auxe en Viveiro.






















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



