A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, xunto coa Alcaldesa, Elba Veleiro, visitou os postos dos produtores chairegos que puxeron á venda preto de 2.000 exemplares nesta tradicional feira, coa que colabora a institución provincial e que reuniu a centos de persoas na Praza da Constitución da vila
Lugo, 21 de decembro de 2022, A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, xunto á Alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, visitou este mércores a Feira do Capón celebrada na capital chairega, na que produtores da comarca puxeron á venda preto de 2.000 exemplares. Centos de persoas chegados de toda Galicia e doutras comunidades ateigaron a carpa instalada na Praza da Constitución para facerse cun destes exemplares que reinará nas mesas de media España esta cea de Noiteboa ou na comida de Nadal. A Deputación colaborou na difusión desta edición cun documental elaborado polo Servizo de Audiovisuais da institución.
Pilar García Porto felicitou ao Concello por promover “a recuperación desta feira con dous séculos de historia, e convertela no que é hoxe: unha sinal de identidade, para vilalbeses e vilalbesas, e para toda a comarca da Terra Chá, pero tamén para toda a provincia de Lugo”.
A Deputada, acompañada da Alcaldesa e outras autoridades, fixeron un percorrido polos postos dos criadores para comprobar a calidade deste manxar e trasladoulles os seus parabéns porque “hoxe culminan un intenso traballo artesanal de 8 meses, para presentarnos un produto de máxima calidade”. “O seu traballo, de cada un do medio cento de criadores que se encargan de criar este manxar son o claro exemplo do presente e do futuro do noso rural”, destacou.
Pilar García Porto participou tamén na entrega de premios aos criadores e subliñou que “falar de capón, é falar da nosa cultura, das nosas raíces, pero tamén da nosa capacidade para apostar por unha actividade agrogandeira que aporta produtos de primeira calidade para o mercado e para a gastronomía”. Dende a Deputación de Lugo, engadiu, “temos un claro compromiso co sector primario, coas persoas que traballan para manter vivo e impulsar o noso rural, e por iso, como non podía ser doutra maneira, colaboramos con esta cita”.
Os premios recoñeceron o traballo a mellor criador a Oliva Souto; mellor cesta para Francisca Castiñeira; mellor par para Jesús Pérez; o de maior número de exemplares traídos á feira recaeu en Oliva Souto; e o galardón especial á mellor traxectoria en Jesús Domínguez.
Ademais do Capón de Vilalba, que conta coa Indicación Xeográfica Protexida, na feira puxéronse á venda outros produtos típicos da zona, entre eles, o Queixo San Simón da Costa con Denominación de Orixe, así como doces como o roscón e a rosca.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



