O portavoz do PP, Óscar Rodríguez, di que o retraso en aprobar o orzamento prexudica os intereses dos veciños e demostra a despreocupación de Loureiro e do seu equipo
Viveiro, 28 de decembro de 2022. A alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro, ten demostrado un peculiar sentido do humor en todo o que ten que ver coa xestión do Concello. Como parte dese sentido do humor, os populares enmarcan o feito de que, segundo sinala o seu portavoz, Óscar Rodríguez, unha vez máis, non se cumpra un compromiso adquirido por Loureiro e o seu equipo: neste caso, a aprobación do orzamento xeral do Concello para o próximo ano en tempo e forma, é dicir, antes de rematar o actual exercicio. Como non desmentiu tal compromiso e hoxe é 28 de decembro, entendemos que se trata dunha inocentada máis, outra mostra do peculiar sentido do humor da alcaldesa e do seu equipo”.
Óscar Rodríguez sinala: “Á vista do que viña ocorrendo, moito nos temiamos os populares que tampouco este ano, por máis compromiso que adquirira a alcaldesa, debateriamos e aprobariamos o orzamento municipal antes de rematar o ano, de maneira que entrara en aplicación nos primeiros días do novo exercicio económico”.
O portavoz popular tamén di: “Esta maneira de actuar da alcaldesa, lonxe de ser unha divertida inocentada é unha mostra máis do déficit de xestión á fronte do Concello. Non dá igual cando se aprobe o orzamento. Non dá igual porque os veciños de Viveiro, que pagan relixiosamente os seus impostos, teñen dereito a que o goberno se mostre dilixente no cumprimento das súas obrigas, teña a punto en tempo e forma o documento máis importante de cada ano, que é o orzamento, e empece a executalo ao comezo do ano”.
Para os populares, non aprobar o orzamento municipal para o 2023 antes de que remate o 2022 é unha demostración da desidia coa que opera o goberno municipal. O portavoz popular di: “Como pode ser, preguntámonos no PP, que tendo todo o tempo do mundo non teñan preparado o proxecto orzamentario para debatelo e aprobalo antes de que remate o ano, de maneira que se poida empezar a executar en xaneiro. É lamentable o feito en si mesmo e lamentable é tamén que a alcaldesa incumpra os compromisos que adquire, que, por outro lado, non é máis que cumprir coas súas obrigas”.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Estivo arroupado nun salón de actos repleto de xente.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.



