Preguntarán en sede parlamentaria “ata cando vai manter o Goberno do PP a situación de precariedade existente no centro de Abadín e se considera suficiente e satisfactoria a cobertura actual”
Abadín, 14 de decembro de 2022. Os recortes sanitarios que padece a veciñanza de Abadín chegan ao Parlamento de Galicia. Actualmente, só hai un médico para atender a unha poboación de 2.300 veciños e veciñas, e a carga de traballo que está soportando o único facultativo é excesiva.
Por iso, a Deputada Autonómica do PSdeG Patricia Otero avanzou que rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias coas que reclama garantir a mellor cobertura sanitaria en Abadín, coa presenza sistemática e continuada dos profesionais necesarios para cubrir os cupos establecidos para Atención Primaria neste centro de saúde. Na proposición rexistrada, os socialistas solicitan á Xunta que notifique ao Concello de Abadín o volume actual de cupos de Atención Primaria establecidos para o centro de saúde do Concello.
O Voceiro Socialista de Abadín, Pablo Díaz, lembra que no mes de agosto a agrupación socialista iniciou unha campaña de recollida de sinaturas, coa que percorreron as parroquias do municipio e na que constataron a preocupación e as inquedanzas dos veciños e veciñas polo deterioro da Atención Primaria. Froito desta campaña entregaron na delegación da Xunta en Lugo preto de 1.100 sinaturas coas que reclaman á Consellería de Sanidade mellorar de xeito urxente a Atención Primaria no concello de Abadín. Ademais, demandou que se retome a prestación do servizo de pediatría que a Xunta recortou hai tempo.
Dende o PSdeG queren coñecer as explicacións do Goberno da Xunta sobre este “abandono”, e preguntarán en sede parlamentaria “ata cando vai manter o Goberno do PP a situación de precariedade existente no centro de saúde de Abadín”. E tamén “se considera suficiente e satisfactoria a cobertura actual”, inciden os socialistas.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



