Foz, 21 de xaneiro de 2023. O Concello focego e a asociación O noso Foz anuncian que a cea de coroación da raíña do Entroido celebrarase o día 11 de febreiro e a Festa do Berberecho será o 15 de abril.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “a comisión de festas O noso Foz e o Concello están inmersos nos preparativos do próximo Entroido. É unha das festas máis importantes do municipio e que despois do ano 2021 e súa edición dixital por mor do COVID19 volveu o ano pasado con restricións, pero de forma segura e, sobre todo, con moito ánimo por parte de participantes e público. Este ano as datas clave desta festividade en Foz son a cea de coroación, que será o dia 11 de febreiro na gran carpa situada na Sala Bahía, como se ven celebrando os últimos anos (atrasada a data debido á celebración do San Blas); a cea de comadres, que será o xoves 16 (organizada polas asociacións Afammer e de amas de casa), tamén na Sala Bahía; o venres 17 celebrarase o día das coplas e o pregón. Este ano o pregón será a cargo de Touporroutou, que conta con máis de trinta edicións e son xa un referente nos domingos despois do desfile co seu humor irónico e o seu escarnio carnavaleiro, de auténtica esencia galega. O sábado 18 chegará o tan ansiado desfile, que este ano modifica o seu percorrido debido ás obras que se están levando a cabo na rúa das Casas Baratas. O domingo 19 será o baile infantil, con xogos e inchables para os máis pequenos e o Touporroutou. O luns 20 o Baile do Farolillo será o protagonista. E o martes 21 volverá haber baile e xogos para os máis pequenos. Péchase o Entroido coa queima, que se realizará o venres 24”.
O primeiro evento é a cea de coroación, na carpa da Sala Bahía o sábado 11 de febreiro ás 21.00 horas. O menú constará de empanada, sopa de cocido, costela asada ao forno, viño, refresco ou auga, e sobremesa e café, cun prezo de 25 euros. As reservas poderán comezarse a facer a partir do luns 23 deste mes e ata o 30 de xaneiro no correo onosofoz@gmail.com. Será necesario indicar o número de comensais cos seus nomes e apelidos, DNI e o nome da mesa. O aforo será limitado. Queda prohibida a revenda de entradas e poderán devolverse ata o 3 de febreiro. Os menores a partir de 14 anos poderán asistir con permiso da nai, pai ou titor/a legal e acompañados dun adulto responsable (deberán entregarse os permisos necesarios á organización). Queda prohibida a entrada a toda aquela persoa que non acuda á cea. A organización agradece que os asistentes acudan disfrazados.
Ángel Fernández Neira, presidente de O Noso Foz, agarda que “volvamos á normalidade total, despois da comida de coroación do ano pasado, coas máximas medidas de seguridade para poder realizala. Este ano volvemos ao formato habitual e esperamos que a xente estea animada para ver o cambio de reinado”.
Inés López Couto engade que “en Foz comezan a escoitarse polas rúas a percusión de tambores e surdos, e o son das turutas, que anuncian unha edición XLI do desfile cargada de maxia e sorpresas. A próxima raíña, Uxía Valmayor Forés, e as súas damas, Iria Sánchez Irimia e Carla Velasco García, recibirán a coroa de Roberto García Lende e os seus cabaleiros durante a cea, que será a antesala do gran programa deste Entroido. Desde a Concellería de Cultura desexamos que todo o mundo desfrute dos actos que estamos a organizar e Foz saia á rúa e se anime a bailar coa música e a cor do Carnaval”.
Por outra parte, a Festa do Berberecho modifica a súa data, pasando ao 15 de abril. “Manterá a súa esencia pero incluirá novidades que realzarán o seu atractivo. Anunciaranse coa saída do seu cartel”, explicou a concelleira de Cultura.
























En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



