O Presidente, José Tomé Roca, asinou co Alcalde, Roberto García Pernas, un convenio de colaboración que servirá para renovar as beirarrúas da Avenida das Pontes e da Avenida Vilalba e para dotar á vila dunha senda peonil paralela á LU-P-2205
Lugo, 3 de xaneiro de 2023. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou co Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, un convenio de colaboración que servirá para mellorar a accesibilidade do municipio por un importe total de preto de 127.000€, dos que a institución provincial achegará 123.640€ e o Concello 3.224€.
O proxecto contempla a renovación das beirarrúas de dúas arterias fundamentais para Xermade. As da Avenida das Pontes e da Avenida Vilalba, conectadas entre si e que dan acceso dende a Casa Consistorial á Biblioteca Municipal, un parque infantil, o polideportivo ou o CEIP da localidade, polo que son moi empregadas pola veciñanza. Os traballos consistirán na construción de novas plataformas. A actuación conectará, ademais, as baixantes das pluviais dos tellados á rede municipal.
Por outra banda, grazas a esta colaboración, construirase unha senda peonil paralela á LU-P-2205, que conecta Xermade con Porto Souto, e que dará continuidade á beirarrúa existente, mellorando a seguridade dos veciños e das veciñas do municipio. Terá un ancho de 1,80 metros e contará cunha rede de pluviais para recoller a auga das chuvias.
Tomé Roca enmarcou este acordo no compromiso de colaboración da Deputación cos Concellos para que poidan ofrecer máis e mellores servizos á veciñanza. “Estas actuacións suporán unha mellora da accesibilidade e da seguridade para os veciños e veciñas deste concello, aumentando a súa calidade de vida e beneficiando á actividade do municipio, xa que nesta zona concéntrase boa parte da vida da vila”.
A Deputación con Xermade
O Presidente sinalou que este convenio é unha mostra mais da “cooperación continua que mantemos co Concello de Xermade e con todos os municipios da provincia”. Subliñou que a Deputación destinou un investimento de máis de 2,26M€ só no que vai de mandato, e “vamos a seguir nesta liña de colaboración”.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



