Lugo, 2 de xaneiro de 2023. A programación de Nadal organizada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo pecha esta semana con actividades en Carballedo, Lugo, A Pontenova, Viveiro e Cospeito.
O campo da feira de Castro de Carballedo (17.00 horas) e a escola de Pías, en Lugo, (20.00 horas) reciben mañá martes a visita da “filla do Apalpador”, un contacontos musicado no que a narradora Antía Vázquez e o músico Andrés Espiñeira falan ás crianzas desta personaxe tradicional de Nadal e da súa historia.
O espectáculo, co que a área de Cultura trata de afianzar a presenza de tradicións propias na representación do Nadal, pecha con estas dúas funcións a xira que iniciou o pasado 13 de decembro, pasando polos concellos de Portomarín, Guntín, Chantada, Triacastela, Ourol, Alfoz, Ribadeo, O Incio, Lugo, Pantón, Sarria, O Páramo, Sarria, Samos, A Pastoriza, Begonte, Pol, A Fonsagrada, O Saviñao, Riotorto, Lourenzá , Vilalba e Antas de Ulla.
Como ven facendo ao longo do ano, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora con concellos e asociacións para ofrecer actividades culturais, centrándose nestas datas en propostas para público infantil e familiar, con The Piccole Theatre de Trécola Producións, unha obra de marionetas na que a maxia dos fíos converte un pequeno teatro nun desfile de artistas de rúa que mostran os máis variados números.
Trécola Producións estará martes na Praza Maior de Viveiro (12.30 horas), mércores na Casa da Cultura da Pontenova (19.00 horas) e xoves na escola de Pino, en Cospeito (17.00 horas).






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



