O Executivo substitúe a axuda de 20 céntimos por litro por un pago único moi limitado e con novas cargas burocráticas
A Mariña, 5 de xaneiro de 2023. O deputado do Grupo Popular e presidente da Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro, lamenta que o Goberno que preside Pedro Sánchez decidira eliminar o desconto directo no surtidor para o combustible pesqueiro e alerta que esta medida supón unha nova carga burocrática para a frota e as empresas pesqueiras.
Segundo o popular o feito de que o Executivo de socialistas e morados acordarse eliminar a axuda directa de 20 céntimos por litro, que se aplicaba de xeito automático no momento de repostar o combustible, e substituíla por unha liña de axudas de pago único, non responde ás expectativas do sector e, o que é máis grave, está moi limitada ao ter a consideración de axudas de Estado.
Co novo modelo poderán recibirse axudas de entre 1.000 e 300.000 euros por barco, en función do consumo estimado de gasoil, das características da embarcación e do caladoiro no que opere, pero empresas con varios embarcacións poden superar o límite e quedar excluídas destes apoios, a pesar de ter que facer fronte ao pago total do gasoil sen ningún desconto.
Ademais estas axudas de Estado inclúe outras limitacións que agora non existían, como estar corrente ao pago da Seguridade Social e de Facenda, nun contexto de crise no que poden retrasarse estas obrigas tributarias e requiren tamén certo papeleo, situación que contrasta co anterior desconto automático.
Para Balseiro o PSOE non está a ter a consideración e sensibilidade debida co sector da pesca, que o está a pasar mal como consecuencia da crise de prezos -que encarece as subministracións e a enerxía- pero tamén sofre o impacto de decisións políticas promovidas polos ecoloxistas radicais como o veto á pesca de fondo. Unha falta de atención que Pedro Sánchez tamén demostra ao excluír os produtos pesqueiros da rebaixa do IVE que se aplica a outros produtos básicos.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



