Suprime a avaliación ambiental sen límite de potencia para todos os parques eólicos e fotovoltaicos
Compostela, 23 de xaneiro, 2023. O Parlamento español vai convalidar o RDL 20/2022 que elimina durante dous anos a necesidade de someter a avaliación ambiental os proxectos de renovábeis. Esta medida excepcional e transitoria (até o 31 de decembro de 2024) consolida unha caste de “estado de excepción ambiental” no que os dereitos de participación pública e a un medio ambiente sano fican suspensos a maior gloria do negocio eléctrico. O Ministerio segue así a estela de Feijóo na Xunta, que através de leis como a de “depredación” e simplificación administrativa eliminou trámites e reducíu prazos para poñer nas mans das eléctricas milleiros de hectáreas de territorio galego.
O RDL 20/2022 incide aínda máis na desprotección do territorio, consolida un trato de favor e cría inseguridade xurídica
A norma (RDL 20/2022) vai moito máis aló que a súa predecesora o RDL 6/2022. Daquela os proxectos eximidos de avaliación ambiental, que ficaba substituída por un informe de determinación da afección ambiental, non podían superar os 75 MW eólicos. Agora non hai límite de potencia para se acoller a esta medida excepcional. Tamén, no decreto anterior, ademais dos espazos da Rede Natura 2000 e do medio mariño, quedaban fóra desta medida excepcional aquelas áreas que na “Zonificación ambiental para a implantación das enerxías renovábeis” elaborada polo propio Ministerio, estaban consideradas como de moderada e alta sensibilidade, incluindo áreas chave para a conservación de especies protexidas. Na norma recén convalidada, desaparece calquera mención a esta zonificación, e ademais da RN2000 só fóra desta medida excepcional os espazos oficialmente protexidos.
Para ADEGA este novo “decreto de excepción” supón unha grave e perigosa perda de dereitos cidadás, comezando polo de participación pública, na avaliación ambiental dos proxectos. Deste xeito, e só co estudo de impacto presentado polo promotor, o Ministerio poderá autorizar un parque, sen agardar tampouco polos informes preceitivos que teñan que xirar outras administracións.
E aínda que a Rede Natura 2000 está exenta de acoller proxectos susceptíbeis de someterse a esta tramitación “express”, iso non implica necesariamente a ausencia de impactos sobre hábitats e especies para os que as Directivas 92/43 CEE (de Hábitats) e 2009/147/CE (de Aves) establecen unha protección, tanto dentro como fóra da RN2000.
Tamén, a exención do trámite de avaliación de impacto coas conseguintes eivas na salvagarda dos dereitos ambientais, discrimina claramente aos proxectos de renovábeis fronte a outras iniciativas que seguen estando suxeitas á avaliación ambiental segundo a lei 21/2013. Deste xeito, pode acontecer que un parque eólico que atinxe milleiros de hectáreas, sen límite algún para a potencia instalada e quilómetros de pistas, desmontes e liñas de evacuación fique exento, mentras que outros proxectos con menos incidencia territorial deban (como non pode ser doutro xeito), pasar o trámite ambiental.
Esta norma cría tamén unha preocupante inseguridade xurídica, xa que as excepcións que introduce poden colidir coa normativa europea. Malia a que a Directiva 2011/92/UE de Avaliación de Impacto deixa unha “porta traseira” (art. 4) á exención do trámite ambiental, esta só pode aplicarse a proxectos concretos e non a tipoloxías enteiras como é o caso de todas as instalacións eólicas e fotovoltaicas sen distinción. Asemade un recente Regulamento da UE (2022/2577) determina que a planificación das zonas para a implantación de renovábeis debe someterse ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica, feito que este RDL 20/2022 obvia.
Dende ADEGA exploraremos todas as vías administrativas e xudiciais para reverter as nefastas consecuencias que para o ambiente e os recursos públicos podería ter esta norma.
Agravio comparativo para Galiza con respeito a outros territorios
A convalidación deste Real Decreto ten como resultado a apertura dunha enorme porción do noso territorio, nin máis nin menos que o 88%, á especulación eólica. E acontece isto porque Galiza só conta con arredor dun 12% de superficie protexida baixo a Rede Natura 2000, fronte á media estatal de máis do 27% (Castela e León, 26%; Asturias, 27%: Madrid case 40%). Xa que logo a presión das eléctricas por ocupar espazo, que atrestora é xa unha auténtica “febre do megawatio” será o triplo de intensa en Galiza que no resto do Estado, e igualmente os impactos derivados desta implantación desordenada.
Neste evidente agravio comparativo ten moito a ver a Xunta polo abandono e a nefasta planificación da Rede Natura 2000, que mesmo deu lugar á apertura dun expediente contra o Estado español por parte da Comisión Europea e ao envío dunha carta na que lle comunicaba a España da apertura dun procedemento formal de infracción (2015/2003). A Comisión Europea considerou que en Galiza existíu unha práctica xeralizada e persistente de non establecer obxectivos de conservación suficientemente detallados e cuantificados para os espazos da RN2000.
O secular desleixo da Xunta coa Rede Natura agravará os efectos deste novo decreto sobre o noso ambiente, que sairá moito pior parado que outros territorios.
Chove sobre mollado: a Xunta fixo de Galiza un parque industrial eólico
As consecuencias deste novo recurte dos dereitos ambientais terán un impacto máis intenso en Galiza, onde chove sobre mollado, que noutros territorios do Estado. Durante a era Feijóo, a caduca e insustentábel planificación eólica xunto co sistemático demoucado legal perpetrado con normas como a “Lei de Depredación”, a de Simplificación Administrativa e as sucesivas “leis de acompañamento orzamentarias” convertiron milleiros de hectáreas de territorio nun polígono industrial eólico.
Arestora os espazos que aínda fican libres de muíños están ameazados por ducias de novos proxectos tramitados tanto pola Xunta (os de menos de 50 MW) como polo Estado (os que superan esa potencia). Estas novas medidas dan máis facilidades ás empresas para tramitar os seus proxectos, aumentando considerabelmente a presión sobre un territorio xa previamente asoballado. O papel das administracións, teoricamente garantes dos dereitos e intereses públicos, virou unicamente en dispensadoras de permisos. Dos principios de eficacia, efciencia, obxectividade, economía e celeridade que as administracións deben respectar nas súas actuacións, semella que fica só o de celeridade. Mais por aforrar uns meses na tramitación pódense provocar prexuízos que duren décadas ou que sexan irreparábeis…



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



