Acaban de facerse traballos de mantemento nos dous terreos de xogo, instaláronse unhas lonas de PVC para favorecer o xogo e que non se vexa condicionado por factores meteorolóxicos, e habilitouse un vestiario para as persoas usuarias
Cervo, 26 de xaneiro de 2023. O Concello de Cervo mellora as dúas pistas municipais de pádel situadas no complexo deportivo da Veiga.
O edil de Deportes, David Rodríguez, achegouse ata as instalacións onde puido comprobar in situ o resultado dos traballos que consistiron na instalación de lonas de PVC que permiten dotar a instalación de opacidade favorecendo as condicións do xogo “que non ser verá condicionado por factores meteorolóxicos externos, como o sol ou o vento que é moi habitual nesta zona”.
Ademais, tal e como explicou Rodríguez, vimos de realizar traballos de mantemento nos dous terreos de xogo “redistribución da area, verificación das xuntas e unha limpeza profunda para manter estas instalacións públicas na mellor das condicións”.
Ao mesmo tempo –engadiu- vimos de habilitar un vestiario que poderá ser utilizado por todas as persoas usuarias do complexo deportivo.
Estes traballos “cos que conseguimos dar un salto de calidade ás nosas instalacións”, súmanse á dixitalización do proceso de reservas que levamos a cabo recentemente a través do enlace https://reservas.concellodecervo.com/, simplificando o procedemento para as persoas usuarias que practican este deporte.






















Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



