Arias destacou os datos alcanzados entre xaneiro e novembro do pasado ano, cando se rexistraron na comarca mariñá 155.500 viajeros (case un 19% más que no 2021) e se incrementaron nun 17% as pernoctacións. Así mesmo, subliñou que o Camiño Norte ou da Costa “superou con nota o seu primeiro Xacobeo desde que foi declarado Patrimonio da Humanidade no 2015”; preto de 30.500 peregrinos elixiron esta ruta neste dobre Ano Santo. O delegado instou a seguir apostando con decisión “polo noso modelo turístico, que protexe os nosos valores culturais e ambientais por riba doutros intereses, porque o tempo estanos dando a razón, poñendo en primeiro plano o turismo de experiencias, o turismo slow, o turismo de natureza que proporcionamos”.




















O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



