A secretaria de Estado de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana anuncia nunha visita ao Concello as actuacións no xacemento, a licitación do novo apeadeiro de San Cosme e a limpeza de vías de servizo da A8
Barreiros, 13 de xaneiro de 2023. O Concello de Barreiros recibiu a visita da Secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Isabel Pardo de Vera, que mantivo un encontro co goberno municipal no que trataron diversas cuestións nas que están traballando e dependen do departamento que dirixe.
A mandataria estatal acudiu acompañada do presidente do INECO, Sergio Vázquez, co que o goberno municipal xa mantivera varios encontros previos na súa etapa no Ministerio para darlle un pulo aos temas nos que continúan traballando. A maiores, aproveitaron a visita de Vázquez para coñecer o estado do proxecto do traslado do apeadeiro do tren en San Cosme que está redactando o Instituto que preside e cuxa licitación se prevé no prazo dun ano.
Durante o encontro, no que participaron o goberno municipal e o delegado e a subdelegada do Goberno do Estado, a Secretaria de Estado anunciou a sinatura inminente dun convenio co Concello de Barreiros para actuar sobre o xacemento da Roda, en Reinante. Pardo de Vera explicou que o Ministerio afrontará as labores de protección e posta en valor do xacemento mediante un proxecto que executará o goberno estatal e conveniará co municipio barreirense para o seu posterior mantemento.
O enlace ao polígono desde a futura A78 e a necesidade de limpeza e mantemento das vías de servizo da A8
Isabel Pardo de Vera tamén tomou nota da necesidade de contemplar un enlace de entrada ao polígono de Barreiros na execución da A74. Así mesmo, porá en marcha as labores de mantemento e limpeza das vías de servizo da A8 ao seu paso por Barreiros.
A alcaldesa explicou que “esta xuntanza dá continuidade ao traballo que o goberno municipal vén realizando desde o inicio do mandato, en contacto directo co Ministerio, para desenvolver proxectos e dar solucións a problemáticas que existen en Barreiros.” A rexedora lembrou o primeiro encontro que mantiveron no Ministerio ela mesma e a tenente de alcaldesa, Carmen Veiga, co daquela Secretario Xeral de Infraestruturas, Sergio Vázquez, ao que quixo “agradecer o seu compromiso con Barreiros e o traballo desenvolto para darlle solución ás cuestións trasladadas”.
A rexedora manifestou igualmente “a gratitude a Pardo de Vera por achegarse a Barreiros para seguir coñecendo de primeira man as necesidades do municipio e a receptividade amosada para solucionar as cuestións tratadas na xuntanza, de suma importancia para o municipio e nas que é preciso a continuidade e perseveranza que se vén amosando para chegar a finalizar os trámites que permitan desenvolver os proxectos”.
Na visita realizada, a Secretaria de Estado, asinou no Libro de Honra municipal e recibiu de parte do goberno municipal a insignia e unha cerámica co escudo do Concello.























A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



