No PP esperan que Cajoto non cometa máis erros e aproveite o período transitorio que se abre agora para licitar e adxudicar o novo contrato para a xestión da Residencia
Foz, 27 de xaneiro de 2023. Tarde, arrastro e só de maneira provisional, pero parece que, a pesar da desastrosa xestión do alcalde, Fran Cajoto (PSOE), o problema da Residencia da Terceira Idade queda provisionalmente solucionado, para uns sete meses, gracias a adopción das medidas nas que insistiu durante meses o PP. O portavoz popular, Javier Castiñeira, ao fío dos acordos adoptados no pleno celebrado onte pola corporación municipal, di que o alcalde debe pedir perdón aos residentes, aos seus familiares, aos traballadores, ao PP e a todas as institucións ás que criticou cando só querían axudar a resolver un grave problema. Os populares piden a constitución dunha comisión de seguimento da Residencia, na que estean todos os voceiros municipais e representantes dos familiares dos residentes, dos traballadores e da empresa.
Castiñeira sinala: “No día de onte volvemos vivir un esperpento protagonizado polo señor Cajoto, ao que se lle nota que está absolutamente superado, illado e que non é competente para realizar os seus labores. Nesta sesión ían tres puntos e con respecto á residencia, nun deles, de urxencia, estivo cambiando os papeis ata dúas horas antes do pleno, sen avisar a todos os partidos. É lamentable, porque todo é feito á présa e sen organización ningunha”.
Os populares culpan “desta situación ao señor alcalde, que o único que fixo foi complicar un asunto que estaba ben, complicar unha residencia que funcionaba perfectamente”. Castiñeira di: “O único que tiña que facer era continuar a xestión que fixo o PP; dixémosllo durante varios anos: ten vostede que renovar o convenio co Consorcio por outros catro ano, e non o fixo ata o día de onte, que o aprobamos no pleno. Dixémoslle: ten vostede que sacar un novo concurso para antes do 16 de xaneiro, para ter unha alternativa, ben sexa a mesma empresa ou outra e tampouco o fixo. Igualmente avisamos de que tiña que negociar coa empresa, e tampouco o fixo ata o último día, ata onte mesmo, cando aínda había discrepancias e a empresa sufriu outro engano, esperemos que o último, polo señor Cajoto”.
Javier Castiñeira explica: “Diante das novas circunstancias, o PP votou a favor dese acordo. Esperemos que o Señor Cajoto non meta a pata unha vez máis, e que este asunto quede solucionado polo menos para estes sete meses (eu creu que se pode licitar moito antes o novo contrato); esperemos que quede solucionada esta situación provisional. Por parte do señor Cajoto todo foron mentiras e intentou culpabilizar a todos cando o que ía mal era el, como o kamikaze que vai en sentido contrario e di que van mal todos os outros”. No PP non se fían de Cajoto, polo que queren “que se forme unha comisión de seguimento, na que esteamos todos os voceiros e na que deberían estar os familiares dos residentes e representantes dos traballadores”.
Castiñeira considera que “deixar nas mans de Cajoto unha vez máis o futuro da Residencia non sería lóxico”. Os populares demandan a Cajoto “que pida perdón a todas as institucións ás que danou cando intentaron axudarlle; perdón aos afectados -familiares e traballadores- e ao PP, que o leva asesorando seis meses, dicíndolle o que tiña que facer, e o único que recibimos foron insultos”. En resumo, “a actitude do alcalde neste seis meses non é a propia dun alcalde como merece o concello de Foz”.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



