Os populares destacan que non se pode falar, como fai o goberno local, de promover o rural cando no é capaz de ofrecer servizos óptimos aos veciños
Foz, 23 de xaneiro de 2023. As infraestruturas e os servizos de todo tipo constitúen condición necesaria para fomentar o asentamento de poboación na zona rural. O portavoz popular, Javier Castiñeira, anuncia que “a petición dos veciños de Foz, o grupo municipal do PP levará un rogo ao próximo pleno, para instar ao goberno bipartito (PSOE-BNG) a mellorar o servizo de alumeado público do noso concello, que nunca tan mal estivo”.
Castiñeira indica que o alumeado público “é un servizo que é moi necesario, especialmente nas parroquias, nas que viven practicamente a metade dos nosos veciños”. De como está este servizo nas parroquias “é un claro exemplo Fazouro, onde os veciños nos din que dende hai tempo hai luminarias apagadas ou avariadas e que o Concello non fixo nada para reparalas; isto di moito da xestión do bipartito municipal, e, sobre todo, dou pouco apego que ten este goberno ás nosas parroquias”.
Os focenses que viven na zona rural, di Castiñeira, “demandan servizo básicos, eficientes e unha boa atención que non reciben”. Os populares piden “ao equipo de goberno que canto antes solucione todos estes problemas e que se poña a traballar para atender aos veciños das parroquias de Foz”.
Castiñeira sostén que “non se pode falar, como fai o bipartito, de promover o rural, de animar a vivir no rural, cando non é capaz de dar servizos óptimos aos veciños, como é o caso do alumeado público, básico e moi demandado nas parroquias”.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



