Rodríguez di que, se finalmente a residencia de Aspanane está fóra de Viveiro, Loureiro terá que dar moitas explicación aos seus veciños
Viveiro, 4 de xaneiro de 2023. A incapacidade de xestión do goberno municipal presidido pola socialista María Loureiro fai que se abra a posibilidade, moi real, de que a residencia de Aspanane (asociación de pais e nais de persoas con discapacidade intelectual) se asente nun municipio próximo a Viveiro. Á vista de que o Concello de Viveiro non resolve o problema, a citada entidade acudiu a outros e o de Xove comprometeuse a ceder un terreo no prazo de dous meses. Así o deu a coñecer esta mañá en rolda de prensa o portavoz do PP de Viveiro, Óscar Rodríguez, que cualifica de inexplicable e inxustificable a actitude do goberno local.
Rodríguez explicou: “O Concello de Viveiro leva dende o ano 2019 tratando de conseguir un terreo ou un edificio para a residencia de Aspanane; estamos no 2023 e o goberno de Viveiro, presidido pola socialista María Loureiro, é incapaz de resolver este problema acuciante, urxente. Non entendemos que fixeron en todo este tempo. Empezaron ofrecendo a antiga escola de Celeiro para que acollera á Escola de Idiomas, de maneira que Aspanane se quedara coas dúas plantas no edificio no que hoxe ocupa a planta baixa, mentres que na outra está a Escola de Idiomas”. Engade: “O edificio da antiga escola de Celeiro é da Tesourería da Seguridade Social, que, lonxe de cedela gratuitamente, reclamaba case 800.000 euros. Isto supón un verdadeiro agravio comparativo, en tanto que tanto a Casa do Mar de Vicedo, hoxe centro de día, e o edificio da gardería de San Cibrao foron cedidos a custo cero. Isto demostra a falta de peso político da alcaldesa de Viveiro en relación co Goberno de Pedro Sánchez. Xa se falaba no 2019 dun preconvenio para a adecuación do inmoble a tres bandas: Xunta, Deputación e Concello”.
Os populares destacan que, “á vista de que o primeiro intento non funcionou, intentaron a cesión dunha parcela en Lavandeiras, pero ocorre que só pode ser cedida para un uso público e Aspanane é unha entidade privada”.
Rodríguez declarou: “E nesa situación estamos. Como Aspanane xa non pode esperar máis, púxose en contacto con concellos do entorno e o de Xove comprometeuse a ter solventada a cesión dun terreo en dous meses. Isto marca a diferencia na xestión entre gobernos socialistas e gobernos populares. Mentres o de Viveiro leva dende o 2019 sen conseguir poñer a disposición de Aspanane un edificio ou un terreo para a súa residencia, o de Xove, pilotado por Demetrio Salgueiro (PP) comprométese a cedelo en dous meses”.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



