Burela, 11 de xaneiro, 2023. A Biblioteca Pública Municipal de Burela acaba de fallar os Certames de Nadal 2022, os premiados nesta edición foron os seguintes:
CERTAME DE POSTAIS
-Educación Infantil :
Primeiro Premio: NAIA FONTENLA SUÁREZ (3 anos) CEIP VISTA ALEGRE.
Segundo Premio: ALDARA NÍÑEZ GÓMEZ (5 anos) CEIP VISTA ALEGRE.
Terceiro Premio: VALERIA CEÑAL IGLESIAS (3 anos) CEIP VISTA ALEGRE.
-1º e 2º de Primaria:
Primeiro Premio: PEDRO COCIÑA LESTAO (7 anos) CEIP VIRXE DO CARME.
Segundo Premio: MATEO CHAMOSA (6 anos) CEIP FONDO NOIS.
Terceiro Premio: CANDELA LÓPEZ FERNÁNDEZ (6 anos) CEIP VISTA ALEGRE.
-3º e 4º de Primaria:
Primeiro Premio: BELLA VALENTINA QUIROZ HUAMAN (8 anos) CEIP VIRXE DO CARME.
Segundo Premio: CARLOTA EIMIL RAMOS (9 anos) CEIP VISTA ALEGRE.
Terceiro Premio: PAZ QUIROGA ALLMANG (9 anos) CEIP VISTA ALEGRE.
-5º e 6º de Primaria:
Primeiro Premio: JIMENA DOMÍNGUEZ GARCÍA (10 anos) CEIP VISTA ALEGRE.
Segundo Premio: UXIA NÍÑEZ GÓMEZ (10 anos) CEIP VISTA ALEGRE.
Terceiro Premio: CLAUDIA PÉREZ EXPÓSITO (10 anos) CEIP VIRXE DO CARME.
CERTAME DE POESÍA INFANTIL “NADAL 2022”
-CATEGORÍA A (Ata 8 anos):
Primeiro Premio: PEDRO COCIÑA LESTAO (7 anos) CEIP VIRXE DO CARME.
Segundo Premio: ALICIA PEDRE LASTRA (8 anos) CEIP VIRXE DO CARME.
-CATEGORÍA B ( de 9 a 11 anos):
Primeiro Premio: JIMENA DOMÍNGUEZ GARCÍA (10 anos) CEIP VISTA ALEGRE.
Segundo Premio: IRIA PASCUAL ARIAS (10 anos) CEIP VISTA ALEGRE.
Terceiro Premio: JORGE MELO REIGOSA (10 anos ) CEIP VISTA ALEGRE.
Os gañadores desta fase local, pasarán a fase provincial do certame, organizado pola Biblioteca Nodal de Lugo.
Os premios serán entregados na SALA DE ARTE da Casa da Cultura de Burela o vindeiro martes, 17 de xaneiro ás 19:30 horas.
Os traballos presentados e os gañadores estarán expostos na Sala de Arte ata o vindeiro venres, 20 de xaneiro. O seu horario de visita será de luns a venres de 11 a 13 horas e de 18 a 20 horas.























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



