O Alcalde de Ribeira de Piquín, Roberto Fernández Rico, demanda ao Conselleiro de Sanidade que dea explicacións “pola falla de médico no centro de saúde no Chao do Pousadoiro”
Ribeira de Piquín, 10 de xaneiro de 2023. O Alcalde de Ribeira de Piquín, Roberto Fernández Rico, demanda ao Conselleiro de Sanidade que dea explicacións “pola falla de médico no centro de saúde” do seu concello.
O rexedor denunciou que levan “sen médico que atenda directamente dende principios de decembro”. “Aquí temos un médico cando coincide e non sabemos cando estará ou non. Non pedimos que se amplíe ningún servizo, simplemente pedimos que haxa un médico diario no Chao do Pousadoiro, a capitalidade municipal”, insistiu.
Ante esta grave situación, a Deputada Autonómica do PSdeG Patricia Otero avanzou o rexistro dunha batería de iniciativas parlamentarias coas que reclama á Xunta repoñer, de xeito inmediato, o servizo de atención médica diaria no Centro de Saúde de Ribeira de Piquín. Na proposición rexistrada, os socialistas advirten de que este ambulatorio conta cunha única praza de médico asignada, “pero dende finais de novembro do ano pasado, esta praza atópase vacante por traslado do seu titular a outro centro”.
A Deputada asegura que “non se trata dunha situación puntual como alegan dende o Sergas, senón que se converteu nun problema estrutural, xa que a situación está a empeorar e a Xunta de Galicia non toma ningunha medida para revertela”. Precisamente nestes dias, denunciáronse recortes na atención pediátrica da zona da Ribeira Sacra, xa que moitos centros de saúde do sur da provincia estiveron sen servicio de pediatría. E tamén na Mariña, onde os máis de 1.800 nenos e nenas de entre 0 e 15 anos, do concellos de Viveiro, O Vicedo e Ourol, volveron quedar sen pediatra esta mesma semana.
Por iso, demandarán explicacións no Parlamento de Galicia, “para coñecer cando vai repoñer a Xunta o servizo diario de atención médica, e preguntan se o Goberno galego considera que a asistencia sanitaria en Atención Primaria está cuberta de maneira plena, estable e total para a veciñanza de Ribeira de Piquín e a parroquia fonsagradina de Carballido”.
Veciñanza que precisa máis seguimentos
Sinalan ademais que o concello de Ribeira de Piquín conta cunha veciñanza cunha media de idade moi avanzada, que precisan de máis seguimentos médicos, “polo que reclaman a recuperación da atención médica diaria no seu centro de saúde”.


















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



