Os traballos arrancaron este mércores e afectan á LU-P-0605 e á LU-P-0606, que parten as dúas da Nacional 634 e que conectan coa Casa de Otero e con Pedregás, respectivamente; e a LU-P-0607, que vai de Benquerencia ata a praia de Fontela
Lugo, 22 de febreiro de 2023. A Deputación de Lugo vén de iniciar este mércores os traballos de aglomerado en quente en tres estradas provinciais do concello de Barreiros. Trátase da LU-P-0605 e a LU-P-0606, que parten as dúas da Nacional 634 e que conectan coa Casa de Otero e con Pedregás, respectivamente; e a LU-P-0607, que vai de Benquerencia ata a praia de Fontela.
Concretamente, a institución provincial está a acometer a renovación do firme en máis de 5 quilómetros destas vías. Na LU-P-0605, as obras melloran desde o inicio da vía ata o punto quilométrico 1,2; no tramo que vai desde o punto quilométrico 0,473 ó 0,707 da LU-P-0606; e nos primeiros 2 quilómetros da LU-P-0607.
Os traballos de pavimentación que o organismo provincial levará a cabo estes días dán continuidade ás actuacións xa iniciadas coa reapertura de cunetas, e posteriomente ó remate da pavimentación procederá á sinalización horizontal realizando o pintado mediante marcas reflexivas brancas, o que mellorará as condicións de seguridade e comodidade para o usuario. A evolución dos traballos dependerá das condicións metereolóxicas e as choivas que se prevén para os próximos días.
Con esta importante actuación, a Deputación beneficiará non só á veciñanza da parroquia de Benquerencia, senón que tamén mellorará considerablemente a mobilidade no conxunto do concello de Barreiros, pois trátase de tres vías moi transitadas nesta localidade da costa lucense.
Ademais, esta obra enmárcase dentro das liñas estratéxicas da acción do Goberno provincial, presidido por José Tomé Roca, como queda demostrado nos Orzamentos. De feito, o investimento en estradas subiu un 30% no que vai de mandato, pasando dos 14,2M€ consignados no 2019 aos 18,3M€ deste ano, co obxectivo de conservar e mellorar a rede viaria provincial, a máis extensa de todo o Estado e tres veces maior ca da Xunta en Lugo.




















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



