Os traballos, xa iniciados, consisten na reapertura de cunetas, o estendido de aglomerado en quente e a instalación de sinalización horizontal
Lugo, 4 de febreiro de 2023. A Deputación de Lugo iniciou as obras para o acondicionamento da estrada LU-P-6501, que une o concello de Vilalba con Feira do Monte, en Cospeito, cun investimento de 254.000€.
Os traballos, que afectan a un treito de case catro quilómetros –dende o comezo da vía ao punto quilométrico 3,835-, consiste na reapertura de cunetas a través dunha drenaxe lonxitudinal, que aporta unha maior estabilidade, e a limpeza da vexetación. Posteriormente, levarase a cabo a pavimentación con aglomerado en quente sobre o firme xa existente. Esta nova superficie dará unha maior regularidade á vía e aumentará a súa capacidade. Finalmente, realizarase o pintado horizontal da estrada mediante marcas viais reflexivas brancas.
A Deputación de Lugo dedica este ano 18,3M€ á mellora das estradas provinciais, un orzamento que aumentou nun 30% dende o 2019, cando se destinaban 14,2M€. Estes traballos mellorarán as condicións de seguridade e comodidade para os usuarios e usuarias da vía e evitará un maior gasto de conservación grazas a este novo pavimento.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



