O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, asistiu xunto ao Alcalde, Francisco Cajoto, ao certame que organiza o IES focense coa participación de centros de Galicia, Asturias, País Vasco, Castela e León, e Madrid
Lugo, 9 de febreiro de 2023. O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, asistiu este xoves xunto ao Alcalde de Foz, Fran Cajoto, áo acto de entrega dos premios do Campionato Internacional de Baristas, que organiza o IES de Foz e que se celebra nas instalacións deste instituto coa participación de centros de Galicia, Asturias, País Vasco, Castela e León, e Madrid.
O alumno do IES Sanxillao de Lugo Pablo López Trashorras quedou en primeira posición; a segunda clasificada foi a alumna do CIFP Paseo das Pontes Isabel Touriñá Canosa; e, o terceiro, o alumno do CIFP Carlos Oroza, de Pontevedra, Jorge Domínguez Lorenzo.
García Pernas afirmou que dende a Deputación “apoiamos estas iniciativas que contribúen á profesionalización dun sector, o da hostalería, que é fundamental para a economía da comarca da Mariña e da provincia”.
“Esta cita congrega cada ano a estudantes e a profesionais dispostos a conseguir os trofeos que os recoñecerán coma os mellores baristas ou catadores de café, un recoñecemento que é toda unha carta de presentación nun sector chave no desenvolvemento do potencial turístico que temos na provincia”, subliñou o Deputado de Participación Cidadá, quen indicou que “os campionatos son tamén un escaparate para desfrutar en directo das habilidades dos mellores nesta”.
Apoio da Deputación
Os alumnos e alumnas de 2º de Realización do Centro de Formación Audiovisual (CFA) da Deputación de Lugo son os encargados da emisión en directo a través de Youtube do XV Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería e do IX Campionato Internacional de Baristas Profesionais, o que redunda nunha maior difusión e coñecemento.
Os estudantes do CFA, acompañados por un docente, empregan seis cámaras e todo o material preciso para a realización dun programa de televisión en directo. Cada alumno rota por todos os postos, como realización e operador de cámara, e son os responsables do son e dos rótulos, entre outras tarefas.
Ademais de servir de práctica nun escenario real aos alumnos, este directo a través de internet contribúe á promoción da provincia e do modelo educativo, público e de calidade, que promove a Deputación a través do seu Centro de Formación Audiovisual. Así mesmo, ao longo da retransmisión emítense promocionais tanto do CFA como da sección de Descubrindo Lugo que elabora o Servizo de Audiovisuais da institución provincial, destinada a fomentar o coñecemento do patrimonio natural, monumental, cultural e etnográfico da provincia.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



