Cun investimento de 19M€, inclúe a instalación dunha nova liña de fabricación de queixo no formato de tres quilogramos de peso, elaborado con leite de vaca, cabra e ovella, e nas variantes de tenro e semicurado
Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2023. O Consello da Xunta declarou hoxe como iniciativa empresarial prioritaria o proxecto de Queserías Entrepinares para ampliar as súas instalacións en Vilalba. Cun investimento de 19 millóns de euros, a empresa busca instalar unha nova liña de fabricación de queixo no formato de tres quilogramos de peso, elaborado con leite de vaca, cabra e ovella, e nas variantes de tenro e semicurado.
A nova planta multimolde, anexa á actual, dará resposta á crecente demanda dun produto xa elaborado pola empresa, pero nas plantas que ten fóra de Galicia. Ata o de agora, a empresa recollía na Comunidade o 80% deste produto que logo era enviado sen procesar aos seus centros de produción en Valladolid e Madrid. Con este proxecto, evitarase o transporte de gran parte do leite co consecuente aforro económico. Ademais, incrementarase nun 32% a capacidade de produción de queixo nas instalacións de Vilalba.
Esta iniciativa de Queserías Entrepinares encádrase nun sector que ten un carácter estratéxico para o rural de Galicia, como é o lácteo galego, que representa o 1,5% do PIB da Comunidade. Ademais, complementa a cadea de valor do leite, xa que contribúe a aumentar o valor engadido deste produto mediante a elaboración de queixos.
O proxecto cumpre cos requisitos para recibir esta declaración: supera o volume de investimento mínimo fixado nun millón de euros (en concreto, serán 19.125.000 euros); a creación de emprego mínimo (prevense 35 postos de traballo directo, indefinido e a xornada completa, o 57% dirixido a mulleres); e complementa cadeas de valor ou pertence a sectores estratéxicos como é, neste caso, o lácteo.
Entrepinares está dando mostras da súa aposta por seguir mellorando a súa competitividade. Neste sentido, ademais deste proxecto de ampliación, é unha das empresas que participa en iniciativas que contan con fondos europeos. Neste sentido, cómpre lembrar que é unha das firmas incluídas no proxecto Smart4Cheese, co que se pretende impulsar a dixitalización no sector lácteo das queixerías.
A nova declaración aprobada no Consello da Xunta -a proposta da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación- enmárcase dentro da filosofía da Lei de simplificación administrativa que supón, na práctica, a redución á metade dos prazos de tramitación para levar a cabo un proxecto, ratificando igualmente todas as garantías xurídicas durante o procedemento. Así, poténciase a captación de investimentos para Galicia e a creación de emprego de calidade.
Deste xeito xa son 19 as iniciativas empresariais prioritarias declaradas e lideradas por Cortizo (Padrón), Albo (Salvaterra de Miño), Oviganic (Monforte de Lemos), Sogama (Vilanova de Arousa), Ignacio González Montes (Ribeira), Bionerxías de Lugo e Sarreaus (Ourense), Novafrigsa (Lugo), Agroamb Prodalt (Castro de Rei), Hornos de Lamastelle (Carballo), Armonía Green Galicia (A Coruña), Cafés Candelas (Lugo), Bioenergía
A Coruña (A Laracha), Valogreene Recinor (As Somozas), Green Umia (Caldas de Reis), Green Meiga (Begonte), Naturgy Nuevas Energías (en Meirama, Cerceda), Kern Pharma (Monforte de Lemos) e agora Queserías Entrepinares (Vilalba).
Esta figura busca potenciar novas oportunidades empresariais e laborais en Galicia con máis simplificación administrativa; máis incentivos fiscais ás empresas; e máis facilidades para acceder ao solo empresarial. A declaración de proxectos empresariais como prioritarios implica tamén a concorrencia de razóns de interese público para tramitar de maneira urxente os procedementos administrativos, así como o seguimento e impulso dos trámites posteriores necesarios por parte da Xunta de Galicia para contribuír á eliminación de barreiras á actividade empresarial.






















No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



