O conselleiro do Medio Rural reuniuse este mediodía cos dous alcaldes para abordar cuestións de interese para ambos municipios
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2023. A Xunta e os concellos de Mondoñedo e Riotorto avanzaron hoxe na mellora de distintas infraestruturas de ambos municipios. Así, concretouse que se está a tramitar a perceptiva licenza de obras para a nova base de unidade operativa (BUO) de incendios de Mondoñedo, na que o Goberno galego investirá arredor de 400.000 euros. Foi na reunión que mantivo o conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, co alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, e co rexedor de Riotorto, Clemente Iglesias.
Neste caso concreto, o BUO de Mondoñedo contará cunha superficie total de 223,65 metros cadrados. As instalacións albergarán unha zona de descanso para o operativo, vestiario, aseos, despachos e almacéns. Tamén se incorporará nos exteriores unha zona de garaxe para vehículos e motobombas.
A estrutura desta base realizarase mediante madeira galega, dentro dos plans da Consellería para os puntos de encontro das brigadas de incendios, que se están a reformular para pasar a denominarse BUO, xa que nelas se concentrarán non só estes profesionais, senón tamén outros traballadores do servizo como condutores de motobombas, axentes etc. Ao longo deste ano está previsto crear os primeiros tres BUO, que se situarán nos concellos de Rianxo e Muíños e -precisamente- Mondoñedo.
Do conxunto das bases operativas que se prevén para todo o territorio galego, establécense dous grupos segundo o enfoque: por unha banda renovaranse 54 sedes, mentres que outras 15 están previstas para renovación completa por nova construción ou rehabilitación total. Entre estas últimas está a de Mondoñedo.
Na xuntanza de hoxe, os rexedores de Mondoñedo e Riotorto solicitaron ao conselleiro melloras nas infraestruturas que comunican os dous concellos e máis concretamente o arranxo dunha pista municipal que enlaza o barrio de Bidueiras, en Mondoñedo, co lugar do Vilar de Santiago, en Riotorto, unha actuación que comprometeu a Consellería en colaboración con ambos consistorios.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



