O 4-M publicouse no BOE o Plan de Ordenamento de Espazos Marítimos (POEM), aprobado polo Goberno do Estado e que reserva para o mar galego o 47% do total do Estado para a produción de electricidade vía eólica mariña.
Esta reserva atenta contra as zonas históricas de pesca da frota galega que desenvolve nesas áreas sistemas de pesca sostíbel. Presenta, tamén, uns documentados riscos ambientais a respecto das especies mariñas e aéreas. E non define compensación ningunha a xeito de avantaxes tarifarias para os consumidores e empresas galegos nin de recadación para a Administración autonómica galega. Pola contra,semella definir espazos para a concesión de grandes parques só explotábeis por grandes empresas multinacionais, sen que a Galicia que os padece poida recibir achega ningunha da súa ubicación e eventual operatividade, o que constitúe, en aqueladas verbas do profesor de Dº Administrativo da UDC Carlos Aymerich, un nidio exemplo de colonialismo enerxético.
É evidente a necesidade da transición enerxética europea cara un balance enerxético cun nidio predominio das fontes renovábeis. Mais Galicia xa fixo a súa parte, cun 57% de superávit canto á produción enerxética (actual!!) vía fontes renovábeis a respecto dos obxectivos da UE para o 2030. Asemade, o próprio Parlamento Europeo aprobou, o 03.05.2022, unha resolución na que,contrariamente ao lexislado polo Estado, determinaba que os caladoiros históricos e tradicionais específicos dos pescadores haberían ficar libres de enexías renovábeis mariñas sen que puideran construirse parques eólicos sen se producir consencuencias económicas, sociais e socioculturais negativas para pescadores e produtores acuícolas. Nestes mesmos termos definiuse a maioría parlamentaria estatal no Congreso o 07.06.2022.
Nesta andaina é chocante a desaquelada opinión de Greenpeace, fronte ao ecoloxismo galego mais coñecedor do ecosistema humano e social das nosas comunidades pesqueiras, ao apoiar esta barbaridade e mesmo pedir a ampliación dos espazos destinados á eólica mariña. Os que tanto fixeron a nível global e mesmo galego, coa súa determinación fronte a planta de ENCE na ría de Pontevedra, non son quen de distinguir entre as artes de arrastre fixo sostíbeis da nosa frota (palangre, nasa ou volanta) a respecto das artes de arrastre móbiles que son as artes da desfeita ecolóxica, como ten recoñecido a eito a autoridade científico-marítima internacional do ICES.
A transición enerxética non se pode facer sacrificando un sector económico fulcral da Galicia nin facéndolle asumir os custos ambientais, sociais e económicos da mesma. Dar sen recebir, perder sen gañar é, simplesmente, un xeito de explotación neocolonial.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



