‘Toda una metáfora del deterioro de la sanidad pública en España’. Así comentaba días pasados o meu amigo Ángel Alda en Twitter a noticia de que un falso teito do centro de saúde de Ribadeo desplomárase pola noite debido á acumulación de cagadas de pomba sobre el. Subscribo as súas verbas, e engado que por desgraza o deterioro sanitario non é unha metáfora.
No título do artigo non aparece a palabra ‘público’. A razón do por que non a metín é porque diversos estudos amplían o deterioro da sanidade pública ó sinalar a súa influencia como culpable do deterioro da asistencia sanitaria privada. Culpable, sobre todo, no acceso. Canto máis deteriorada está a pública, menos facilidades ofrece a privada para ter acceso a ela, máis se convirte nun negocio.
Nin en Galicia, nin noutras moitas zonas de España, na actualidade, o falar do deterioro da sanidade non implica metáforas. É unha realidade. Mais o feito de que se viñera abaixo un dobre teito no centro de saúde ribadense é tamén unha metáfora dobre. Algo así como dicir que a sanidade non aguanta tantas cagadas da súa estrutura, a súa falta de mantemento, o pasar do seu día a día de quen debera estar coidando dela. Cagadas que se van acumulando ata que un bo día a estrutura, con toda a súa boa vontade de aguante, non pode máis e se ven abaixo. E unha vez que se ven abaixo, pode ser por calquera punto. Moitas veces, coma neste caso, será de xeito que non cause grandes danos asistenciais porque non foi nun lugar central e se lle poden poñer paliativos. Noutros, non hai tanta sorte e créase un auténtico furado asistencial.
Dixendobre. Porque en Ribadeo está previsto, como foi anunciado en medio de falta de persoal, e en medio de protestas pola situación sanitaria, un novo centro de saúde. Máis moderno, máis lonxe do centro do pobo. Polo momento, unha promesa, tamén de afastamento da sanidade do lugar central en Ribadeo. Unha nova promesa vendida con boas palabras de mellora, como sempre, á espera de que se cumpra -de novo- o refrán ‘non hai mal que por ben non veña’ nas dúas interpretacións. Dunha beira, a optimista, poñendo énfase en que do mal pode vir o ben (sempre hai quen pode obter tallada). Da outra, a pesimista, a chegada do mal con aparencia de ben…

















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



