Ribadeo, 1 de febreiro de 2023. A firma Vitaldent (Rexistro sanitario C-27-001013) e a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo acaban de firmar un novo convenio de colaboración que ofrece condicións vantaxosas aos socios e socias do colectivo empresarial así como aos empregados e familiares para o coidado da súa saúde bucodental.
Vitaldent pretende que os socios e socias de Acisa Ribadeo poidan aforrar no coidado da súa saúde. O novo convenio vixente ata o 31 de decembro de 2024, inclúe unha primeira oferta gratuíta, incluída ortopantomografia de diagnostico, a todas as persoas pertencentes ao colectivo empresarial e aos seus familiares directos. Tamén ofrece un desconto dun 15% en todos os tratamentos de implantoloxía e ortodoncia realizados nesta clínica, así como o asesoramento necesario para poder obter o financiamento ata doce meses sen intereses e ata un prazo de 5 anos.
Poderanse beneficiar deste acordo todas as persoas pertencentes a Acisa Ribadeo, empresarios e empregados, así como os seus familiares directos. Ademais inclúe a odontopiatría preventiva totalmente gratuíta para familiares directos, que consiste en técnicas de cepillado, topificacións de fluor, seladores de dentes temporais así como extraccións de dentes.
Todas estas vantaxes están suxeitas ás condicións detalladas no convenio firmado no dia de hoxe, e solo poden ser aplicadas na clínica Vitaldent Ribadeo. Para beneficiarse destas vantaxes o paciente terá que mostrar un certificado emitido por Acisa que o acredite como empregado dun local asociado ou familiar dun empregado.
Vitaldent conta con 21 clínicas en toda Galicia das que 3 están na provincia de Lugo e unha delas en Ribadeo.
Desde Acisa sinalan: “é importante destacar estas colaboracións, convenios ou servizos que podemos ofrecer grazas ás empresas socias, xa que son dobremente importantes, conseguimos mellorar ou ampliar os servizos que lles ofrecemos ás nosas asociadas e asociados e tamén aos seus empregados e familiares”.























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


