Foz, 1 de febreiro de 2023. A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Foz organizou diversos cursos para adultos na vila e no resto de parroquias do municipio.
A concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, explica que “este ano comezamos sen tantas restricións, volvendo á normalidade en interiores, podendo xuntarnos sen separacións e sen mascarillas, aínda que sendo responsables e no caso de un proceso catarral ou sospeita de afeccións víricas, recoméndase que se coloque a mascarilla para evitar contaxios innecesarios. Había gañas de empezar e de volver reunirse de forma grupal para ocupar estas horas de lecer e esparexemento, onde ademais de aprender se socializa, favorecendo vínculos afectivos e compartindo momentos entre os veciños e veciñas”.
Ana Rojo engade que “despois de reunións e consultas sobre as preferencias dos veciños e veciñas de cada parroquia, a programación fíxose en base ás súas demandas. Este ano ademais dos cursos de cociña, bolillos, memoria, novas tecnoloxías aplicadas ós móbiles e ximnasia de mantemento, incorporamos un taller de elaboración de xabóns ecolóxicos con fragrancias e 100% biodegradables, xabón para lavar á roupa en pastilla, para a lavadora sólido e líquido, suavizante e produtos de limpeza de sanitarios, incidindo na reciclaxe do aceite doméstico de frituras, previndo e reducindo a contaminación das augas, ademais de ser respectuosos co medio ambiente. Os cursos danse en función das preferencias veciñais, por este motivo hai parroquias onde se dan distintos talleres, incluído o casco urbano, onde están a desenvolverse ata cinco cursos distintos. A duración varía duns a outros, así como os horarios: o taller de xabóns ten unha duración de tres meses; novas tecnoloxías, de dous meses; e o resto de cursos rematarán en cinco meses.
Incidimos bastante nos talleres para favorecer e estimular a memoria, nas novas tecnoloxías aplicadas ós móbiles para tratar de acurtar esa fenda dixital tan notable a certas idades. Este ano impártense tamén varios talleres de cociña, con gran incidencia masculina de distintas idades; cada vez máis os homes danse conta de que deben e poden acceder a este tipo de talleres e así colaborar nas tarefas culinarias, buscando a súa autonomía e fomentando a igualdade nos fogares”.
A concelleira de Servizos Sociais indica tamén que “todos os talleres que se dan nas parroquias impártense nos centros cívicos e antigas escolas, mentres que no casco urbano fanse na cuarta planta do centro social (xabóns e cociña ) e na Casa de Cultura (móbiles, memoria e bolillos). Os custes dos cursos son como en anos anteriores, dependendo do taller é de 10 ou 15 euros pois o resto do custe da actividade é subvencionado polo Concello de Foz. A pretensión do Concello para cos nosos veciños e veciñas é que aprendan pero tamén que fortalezan vínculos, compartindo actividades, experiencias e sobre todo sorrisos. Agradecemos a colaboración e boa sintonía veciñal e desexamos que todos os cursos sexan do seu agrado”.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



