Afirmacións como “desidia”, “deixadez”, “sillón de confort”, “falta de ganas de traballar”, “desgoberno”, “o peor que lle puido pasar a Viveiro”, “inacción”, “pouca altura de miras”, “poucas luces”, “ningún peso político”, etc. foron dirixidas tanto á alcaldesa como ao goberno municipal ao longo deste mandato. Pódese consultar nas hemerotecas.
Estas si son frases que eu considero despectivas e que amosan a falla de educación do portavoz de PP de Viveiro en innumerables escritos e declaracións, buscando desprestixiar o traballo dos demais.
Eu creo que calquera persoa que se presenta a unhas eleccións, neste caso municipais, vai con todas as boas intencións e para tratar de mellorar a vida dos veciños e veciñas. Sempre hai atrancos e barreiras, mesmo en moitas ocasións non podes facer todo o que desexas e tes que adaptarte ás circunstancias.
Tamén hai quen quere tratar de desprestixiar aos adversarios con argucias dialécticas. A desesperación foi patente e latente neste mandato polo voceiro do PP, pero dos seus problemas internos non somos culpables os demais. Que os arranxen se poden, pero a solución non é desprestixiar ao resto.
E de vox pópuli a división interna que existe no seu grupo municipal. Xa se ve o peso político que tivo ese portavoz. Pasou sen pena nin gloria polo concello, xa non lle deixaron repetir como candidato e agora quere dar leccións.
Eu nunca me considerei nin me considero unha persoa conflitiva, nin ‘follonera’, nin problemática e, moito menos, maleducada nin irrespectuosa, e si traballador, defensor do ben común e dialogante. Calquera que me coñeza pode afirmalo. O que non admito é que se trate de facer a un tonto.
Ríome eu da vontade política. Votaron en contra de todos os orzamentos para as axudas á hostalería e ao comercio e queren dar clases de compromiso.
O sucedido o martes foi un lance do debate e en ningún momento foi a miña intención ofender a ninguén. Usei unha metáfora polos reproches do portavoz do PP en canto á zona da Variante, que efectivamente está con moitas fochancas pero el ben sabe que se está coa tramitación da cesión de Costas xa realizada, aínda que se atopa noutros departamentos para poder cedela ao Concello e poder actuar nela. Por iso, polo momento, non se pode realizar ningunha intervención nese espazo.
Comparouno, ademais, coa decisión por parte do goberno municipal de non firmar o convenio con Portos de Galicia pola cesión do antigo peirao de Viveiro, xa que nolo queren entregar tal e como se atopa, coas mesmas ou máis fochancas que a zona indicada polo mesmo portavoz.
Era unha cuestión que non viña ao tema nese momento, xa que no Pleno se estaba a debater unha moción do BNG sobre un Plan de Mobilidade que sería beneficioso para os cidadáns e que debería ser apoiada por todos os grupos.
Por iso creo que o acto de levantarse e marcharse do Pleno foi, sen dúbida, un intento de chamar a atención.
Xulguen vostedes.
Jesús Fernández-Voceiro do Grupo Municipal do PSOE-PSdG en Viveiro



















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



