Ribadeo, 17 de marzo de 2023. O vindeiro luns, 20 de marzo, haberá unha reunión participativa para o deseño dun produto sostible. A actividade enmárcase dentro do proxecto Ribadeo Circular.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou que “logo da posta en marcha do programa Ribadeo Circular no que participaron distintos axentes da hostalaría e restauración e do que saíron diferentes propostas de desenvolvemento a nivel local para os establecementos comprometidos coa economía circular e sostibilidade do turismo, o Concello de Ribadeo segue a apostar por esta liña de traballo”.
O edil ribadense dixo que “é por iso que, ao fío das iniciativas identificadas durante o desenvolvemento do programa de cara á transición circular, o vindeiro 20 de marzo convócase unha reunión participativa para deseñar de forma conxunta un produto sostible en Ribadeo, como sería un menú ou experiencia sostible”.
Vizoso Galdo indicou que “esta reunión centrarase en recoller achegas e tomar decisións para definir os criterios desta nova iniciativa, como unha vía de impulso e posta en valor do compromiso dos negocios locais cun turismo máis sostible, co apoio do Concello de Ribadeo. Ademais nesta reunión comentaranse tamén outras necesidades detectadas no programa”.
E engadiu que “desde o Concello de Ribadeo invitamos a todas aquelas persoas interesadas a participar na reunión, que terá lugar o 20 de marzo de 9:30 a 11:30 na Casa de Viejo Pancha (Rúa de Viejo Pancho, 12. Primeiro Andar, onde está a Área de Cultura)”.
Pódese confirmar a asistencia na seguinte dirección: info@alenlab.com, no teléfono 698 170 240























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


