A subdelegada destacou o labor que levan a cabo na zona rural as 72 mulleres que pertencen á Garda Civil e salientou o avance nos últimos anos na incorporación da muller ás forzas e corpos de seguridade
Burela, 7 de marzo de 2023. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, enxalzou hoxe na Casa da Cultura de Burela o importante labor que desenvolven as mulleres que traballan na Comandancia da Garda Civil de Lugo. Fíxoo durante a inauguración da mesa redonda `Ámbito rural, mulleres e Garda Civil tres realidades con futuro´ organizada pola Garda Civil, coa colaboración do Concello de Burela, con motivo do 8-M. No acto tamén participou o alcalde de Burela, Alfredo Llano; e o tenente coronel da Garda Civil en Lugo, Julio Javier González Chas.
Isabel Rodríguez subliñou, ante máis de 520 alumnas dos IES Perdoumo e Monte Castelo de Burela, que para as mulleres “non existen barreiras que non poidamos rompen nin na Garda Civil nin no resto de ámbitos da sociedade”. Nesta liña, agradeceu ás estudantes, profesorado e equipo directivo a súa participación nesta actividade “porque as escolas e institutos son os mellores espazos onde inculcar e fomentar os valores da igualdade”.
Na súa intervención, a subdelegada destacou o traballo que levan a cabo na zona rural da provincia de Lugo as 72 mulleres que pertencen á Garda Civil e salientou o avance nos últimos anos na incorporación da muller ás forzas e corpos de seguridade. “Debemos continuar traballando nesta liña, por unha igualdade de xénero efectiva que favoreza o acceso real da muller a todos os destinos e postos, incluídos os de maior risco ou responsabilidade”, apuntou.
Así mesmo, puxo en valor este tipo de iniciativas que amosan a gran implicación e compromiso das forzas e corpos de seguridade cos temas de debate e preocupación da sociedade, visibilizando a imaxe da muller dentro da Institución, intimamente ligada ao ámbito rural.
“Con esta mesa redonda volvemos proclamar alto e claro que imos seguir empuxando para que as mulleres teñan o papel principal que merecen na sociedade e para que se eliminen as trabas á igualdade”, rematou a subdelegada.
A xornada foi escenario dun intercambio de experiencias moderado pola comandante de posto de Baralla, sarxento Ana Isabel Caleya; entre a cabo primeiro do Subsector de Tráfico Mónica Revilla Celeiro, a garda civil do Subsector de Tráfico Jessica Veiga Rielo, as gardas civís do posto de Foz María Sherezade Lamas Barroso e Eva López Gómez, e a garda civil do servizo de intervención rápida Eva Autrán Romero.
























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



