Os nacionalistas cren que Burela e a súa veciñanza merecen un debate público que non se produciu nas anteriores citas electorais
Burela, 30 de marzo, 2023. Aproveitando a celebración do último pleno ordinario deste mandato, previo ás eleccións municipais de Maio o grupo municipal do BNG, mediante o seu voceiro, Mario Pillado Mon propón “a celebración dun debate electoral público, o debate que a veciñanza de Burela merece, despois de dúas citas electorais sen que se producira tal iniciativa”.
Continuou Pillado sinalando que “debido a falta de compromiso dos candidatos en Burela nunca se levou a cabo un coloquio deste tipo, algo que nos cremos é unha anomalía democrática, sobre todo, se comparamos cos concellos veciños”.
Según o nacionalista, “neste sentido cremos que as organizacións deben cambiar a súa actitude ata o de agora neste sentido e favorecer que o debate se produza, posto que pola nosa parte a dispoñibilidade sempre foi total pero tanto en 2015 como en 2019 foi imposible que se levara a cabo”.
O portavoz do Bloque, Mario Pillado, insistiu en que “sexa iniciativa municipal ou dun medio de comunicación para nós é vital que tal cita se celebre e instamos a tódolxs candidatxs a participar para que cadaquén mostre á veciñanza o seu proxecto e as súas propostas”.
Para finalizar, Mario Pillado, voceiro do BNG, explicou “semella dificil de explicar que en 2023 teñamos que facer este tipo de proposta porque nas anteriores citas non se deu, pero esa é unha parte do cambio que temos que dar ó noso concello, pode ser a primeira pedra dun futuro esperanzador para Burela”.






















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



