O vindeiro 9 de abril terá lugar a tradicional Festa da Pascua, cun xantar popular, organizado pola asociación de veciños coa colaboración do Concello de Cervo
Cervo, 31 de marzo, 2023. O Burgo de Trasbar acolle este sábado o VI Maratón de Tute, desde as 16:30 horas, que contará coa participación de 32 parellas, e con máis de 1600 euros en premios.
Ademais, o vindeiro 9 de abril, terá lugar a Festa da Pascua, con misa ás 13:45 horas, seguida dun xantar cuxo prazo de inscrición estará aberto ata o 5 de abril. A comida será a base de paella de marisco, carrilleiras de tenreira, sobremesa, bebida, café e chupito por 25 euros para as persoas socias, e de 30 euros para as non socias; a metade para as crianzas.
O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, achegáronse ata Trasbar, para presentar ámbalas dúas citas con María Díaz e José Ramón Alonso, en representación da asociación de veciños do Burgo de Trasbar, que organizan os eventos, coa colaboración do Concello.
Villares precisou que desde a administración local colaboramos con todo o tecido asociativo local, que son as responsables de dinamizar cada recuncho do concello, “prestando toda a axuda necesaria para que as súas iniciativas poidan saír adiante”.
Neste senso, quixo tamén felicitar á asociación de veciños do Burgo de Trasbar “por ser un auténtico referente, enchendo de vida o local social con múltiples actividades ao longo do ano”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



