Castiñeira asegura que ten “testemuñas que din que os técnicos de Portos de Galicia xa presentaran o proxecto ao señor alcalde moito antes de que o PP, xunto con representantes da asociación A Ribeira e do Club Náutico visitaran as instalacións de Portos de Galicia na Coruña”
Foz, 31 de marzo de 2023. A medida que foron pasando os meses deste mandato municipal, foi quedando máis clara a difícil relación que ten o socialista Fran Cajoto coa verdade, así como a súa inmoderada propensión a dar prioridade aos desexos da cúpula provincial do PSOE fronte aos intereses dos veciños de Foz. O portavoz popular, Javier Castiñeira, asegura que “o señor Cajoto mentiu, mentiu unha vez máis, cando dixo que tivera que coñecer a nova disposición da dársena de Porto Chico pola prensa; iso é totalmente falso é o PP ten testemuñas que din que os técnicos de Portos de Galicia xa presentaran o proxecto ao señor alcalde moito antes de que o PP, xunto con representantes da asociación A Ribeira e do Club Náutico visitaran as instalacións de Portos de Galicia na Coruña”.
Os populares consideran que o comportamento de Cajoto “é grave e indecente”. Castiñeira engade: “É grave facer falsas acusacións a unha Administración como é a Xunta de Galicia, que leva catro anos sufrindo esta actitude totalmente desleal do señor Cajoto”.
Os populares sospeitan a que se debe a actitude de Cajoto. Non sei cal é o motivo -di Castiñeira- de intentar desprestixiar todo o que fai a Xunta de Galicia en Foz, pero “é probable que sexa pura estratexia política, pero tamén é probable que sexa froito do infantilismo político do señor Cajoto, que fai máis caso do que lle din as altas esferas do PSOE na provincia de Lugo que do que é bo para os veciños de Foz”.
Os populares queren que Cajoto “pida perdón á Xunta de Galicia e aclare esta situación”. O PP presentou unha pregunta no pleno celebrado onte polo Concello, “para verificar se iso fora verdade e a contestación do alcalde lévanos a pensar que Cajoto si coñecía esa situación e que as súas protestas foron froito, por un lado, dos celos de ver que o PP segue traballando da man das asociacións de Foz e, por outra parte, da falta de respecto absoluto a unha Administración tan importante e investidora como é a Xunta de Galicia”.








Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



