Ribadeo, 14 de marzo de 2023. O Concello licita un contrato de alleamento de inmobles sacando a poxa o nº31 da rúa Antonio Otero e o nº1 da rúa Deputación. Ambos bens, da súa propiedade, foron taxados en total en 101.000 euros, que irán destinados para financiar parcialmente a adquisición dos terreos para a futura construción do Centro de Saúde de Ribadeo.
O rexedor contou que “vimos de publicar a licitación dun contrato de alleamento de inmobles un tanto singular, tanto pola orixe como polo destino. O Concello de Ribadeo foise facendo coa propiedade de dous inmobles no ámbito urbano nestes últimos anos por mor das políticas de rehabilitación que viñemos aplicando sistematicamente.
Afortunadamente na maioría dos casos os seus propietarios foron facendo caso das instrucións que o Concello foi dando e hoxe en día podemos ver un casco vello san e en proceso de rehabilitación e reforma”.
Suárez Barcia dixo: “pero tamén houbo problemas en todo este proceso, así un inmoble na Rúa Antonio Otero, 31, que chegou a derrubarse, sen que os propietarios fixeran nada para evitalo, acabou sendo do Concello a través da aplicación de cargos de execución subsidiaria, multas coercitivas, etc. E nesta mesma situación se atopou outro inmoble na Rúa Deputación, 1, onde debido ao seu mal estado de conservación, á falta de atención dos seus propietarios, levou ao Concello no seu momento á aplicación das medidas que establecen as leis, chegando ao embargo da propiedade”.
O alcalde explicou que “estes dous inmobles foron taxados polos técnicos municipais e dan como resultado a cifra de 101.000 euros. Son 12.640 euros para a pequena vivenda da Rúa Antonio Otero, que ten uns 150m2 de superficie de construción en 77m2 de superficie de parcela. E logo temos a cifra de 88.675 euros para a edificación da Rúa Deputación, que ten uns 216m2 de superficie construída dentro dunha parcela de 354m2”.
Fernando Suárez indicou que “todas as persoas físicas ou xurídicas que estean interesadas na adquisición dalgún destes inmobles teñen ata o 13 de abril para presentar as súas ofertas e toda a información está no perfil do contratante da páxina web do Concello ou na Plataforma de Contratos do Estado. O procedemento será o de poxa á alza”.
O rexedor ribadense engadiu: “e, para o caso de que se vendan, desde o goberno municipal temos previsto aplicar estes recursos para financiar parcialmente a adquisición dos terreos para a futura construción do Centro de Saúde de Ribadeo. Así, deste xeito, pecharemos un ciclo de poñer en valor inmobles ou solares céntricos, e os recursos que poidan dar ao Concello se apliquen a fins de interese público. Isto é pechar o ciclo que cumpra cos principios de eficiencia, rendibilidade e transparencia”.






















Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.



