Ribadeo, 6 de marzo de 2023. O Concello realizará obras de modernización e arranxo nas Escolas de Rinlo, na vella e na nova. O investimento ascenderá a máis de 67.000 euros e os traballos serán licitados nos vindeiros días. Para afrontar este proxecto o Concello asinou un convenio de cooperación coa Deputación de Lugo, segundo deu a coñecer o alcalde, Fernando Suárez.
O rexedor comentou que “en todo este mandato, como nos anteriores, unha das preocupacións que tivemos como goberno foi ir modernizando e mellorando toda a rede de Escolas e Teleclubes municipais que temos nas parroquias. No seu momento, no pasado, tiñan unhas funcións educativas e agora, hoxe en día, teñen funcións sociais e culturais. Ademais son para uso e aproveitamento das asociacións de veciños e para a cidadanía en xeral, especialmente para a mocidade e xuventude”.
Suárez Barcia lembrou que “estamos actuando en varias delas e noutras nas que actuaremos nos vindeiros tempos, unha vez que vaiamos licitando as obras, tal e como nos temos comprometido”.
O alcalde subliñou que “neste caso podemos dicir, que vimos de asinar un convenio de cooperación coa Deputación de Lugo para modernizar e arranxar as Escolas de Rinlo, tanto a vella como a nova. Queremos actuar de xeito decidido para resolver dunha vez por todas os problemas que padecen co illamento das ventás, coas humidades, especialmente na Escola Vella, pero tamén coa falta de potencia eléctrica e deficiente carpintería de exteriores entre outras carencias na Escola Nova. Todo iso vai complementar o que levamos feito ata o momento”.
Fernando Suárez dixo: “queremos facer destes espazos lugares permanentes de actividade cultural e social e quixemos facer todo isto de acordo coas autorizacións previas de Patrimonio, xa que no caso da Escola Vella, trátase dun inmoble catalogado que temos que respectar. A inversión estimada para estas obras de mellora cifrase en 67.134 euros e nestes vindeiros días procederemos a licitar as obras polo procedemento aberto para que todas as empresas interesadas poidan facelo”.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



