Os populares pedirán no pleno conservar as mesas de pedra na área do Castelo, retirar do inventario municipal un camiño do monte do Pereiro e arranxar os accesos á Pena do Golpe e Presaboa
Alfoz, 23 de marzo de 2023. O PP de Alfoz comparte as queixas dos veciños e veciñas sobre o “desmantelamento da área do Castelo e do abandono das pistas das parroquias e dos accesos a algúns barrios” do municipio por parte do goberno local socialista. E, polo tanto, o grupo municipal popular solicitará ante a corporación local durante o pleno do vindeiro venres a realización de varias obras e a corrección dalgunhas actuacións.
Concretamente, os populares piden ao goberno local que “non retire do entorno do Castelo de Castrodouro as mesas de pedra para substituílas por outras de madeira tratada; senón que as limpe e acondicione para conservalas en consonancia co entorno”. Os populares consideran “unha burla aos veciños” sacar as mesas de pedra para recolocalas no entorno da Cruz da Pedra porque “se non valen para un sitio, como argumenta o goberno local, tampouco valerían para outro”. Así mesmo, propoñen colocar as novas mesas para picnic no entorno da Cruz da Pedra e notificar esta modificación á administración á que se solicitou a subvención para a actuación co fin de certificar correctamente as melloras realizadas.
Por outra banda, os populares advirten de que “un camiño situado nos terreos do monte do Pereiro constan no inventario de camiños públicos do Concello de Alfoz”. É por iso polo que instan ao goberno local a “corrixir de forma inmediata, seguindo os trámites oportunos, o inventario de bens e dereitos do Concello excluíndo o camiño que se recolle co número 48 por ser de titularidade privada dos veciños e veciñas do Pereiro”.
ABANDONO DAS PISTAS DAS PARROQUIAS
O PP de Alfoz insta tamén ao goberno local a declarar de emerxencia e proceder de inmediato á reparación da vía municipal que da acceso ao barrio da Pena do Golpe, na parroquia do Pereiro, que leva varios meses cortada debido a un burato no cruce polo afundimento dos tubos de canalización da auga. De feito, “xa debería estar arranxado; pero este equipo de goberno tennos acostumados a ter que esperar moito tempo para arranxar este tipo de circunstancias nas vías de comunicación do noso concello, como pasou en Guilifonso”.
Os populares explican que “este suceso obriga aos veciños a dar un rodeo e non ter un acceso pavimentado ás súas vivendas” e lamentan que “o goberno local só procedeu á colocación de vallas sen ningún outro tipo de sinalización de advertencia; o que supón un perigo para os viandantes e condutores”. É por iso polo que “tamén consideramos necesario estar debidamente sinalizado mentres non se realizan os traballos de reparación”.
Igualmente, urxen a arranxar o tramo afectado por un desprendemento na pista de acceso ao barrio de Presaboa, en Adelán; e, mentres non sexa reparada a zona, a “sinalizar debidamente o lugar debido á súa perigosidade”.
























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



