Ribadeo, 31 de marzo de 2023. Os socialistas ribadenses destacan a actuación do Goberno de España para rehabilitar o acceso á praia do Cargadoiro, que poderá usarse de novo desde o inicio do vindeiro verán porque as obras xa están adxudicadas e teñen un prazo de execución de dous meses. A voceira do PSOE na corporación municipal de Ribadeo e candidata á Alcaldía nas eleccións do 28 de maio, Marta Rey, e o número 2 da lista, Víctor López, visitaron o lugar onde se van realizar os traballos, cun investimento de 46.500 euros por parte do Servizo Provincial de Costas, e amosaron a súa satisfacción por esta “moi boa nova” para Ribadeo.
Ademais Marta Rey e Víctor López agradeceron as xestións realizadas para esta actuación por parte da subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, quen anunciou onte que “os traballos previstos consistirán na reparación e consolidación da estrutura que da soporte ás escaleiras, ademais da remodelación desta infraestrutura, o que redundará nunha mellor protección fronte á ondada. Estas reparacións, que se iniciarán nas próximas semanas e teñen un prazo de execución de dous meses, lévanse a cabo nesta época do ano para non correr o risco de que se produzan temporais que afecten a estas zonas, o que supoñería que a intervención quedase sen efecto. Con estas actuacións dáse resposta a unha demanda da veciñanza, permitindo aos usuarios e turistas empregar de novo este espazo natural. O obxectivo é que a praia do Cargadoiro se atope no estado óptimo para o inicio da tempada estival”.
A portavoz do PSOE en Ribadeo comentou: “queremos poñer en valor o compromiso do Goberno de España, neste caso do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, que acaba de adxudicar por valor de 46.500 euros as obras de mellora do acceso á praia do Cargadeiro. Esta nova chega xusto a tempo para que os veciños e veciñas do noso concello poidan disfrutar agora que se achega o bo tempo desta praia, que para moitos ribadenses é importante xa que é evita o uso do coche para desprazarse a outras praias do noso concello ou da comarca. Así que, unha vez máis, hai que recalcar o compromiso dos socialistas co concello de Ribadeo”.
O acceso á praia do Cargadoiro resultou afectado por un desprendemento de terras que provocou o conseguinte baleirado e falta de apoio da estrutura que dá soporte ás escaleiras polo que tivo que ser cortado.





















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.



