Recorda que a Comunidade ten un potencial incalculable para ser un referente no proceso de cambio enerxético que definirá o futuro do continente
Xermade, 21 de marzo de 2023. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe unha lei para que os beneficios do aproveitamento dos recursos naturais galegos se reinvistan en Galicia. O titular do Goberno galego anunciouno nunha visita ás instalacións do Parque Eólico Experimental de Sotavento, na que tamén avanzou a futura creación dunha sociedade coa que Galicia asumirá un papel protagonista na transición enerxética.
O titular do Goberno galego, acompañado do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, recordou que Galicia ten un potencial incalculable para estar no centro da transición enerxética que vai vivir Europa, porque conta cos recursos, a situación xeográfica, a convicción e a estabilidade política necesaria para ser un referente do proceso de cambio enerxético que definirá o futuro do continente. Alfonso Rueda subliñou que a transición enerxética debe aglutinar ao conxunto da sociedade, tendo en conta que a riqueza dos recursos naturais de Galicia é patrimonio de todos os galegos.
Partindo desa filosofía, a Xunta vén de tomar unha decisión pioneira para garantir que a sociedade galega no seu conxunto asuma un papel protagonista na transición enerxética, coa previsión de aprobar no Consello da Xunta deste xoves o inicio da tramitación dunha lei que sentará o marco normativo para a creación dunha sociedade coa que asumirá esa participación directa, xunto con outros socios, e que permitirá velar para que o rendemento económico dos recursos naturais de Galicia se reinvista en Galicia.
O titular do Goberno galego explicou que se trataría dunha sociedade que seguiría o modelo do que se coñece como unha utility, unha compañía na que participaría a Xunta de Galicia xunto con outros actores públicos e privados “para promover novos proxectos en enerxías renovables cunha clara intencionalidade para que parte dos beneficios que se xeren teñan un impacto directo en toda Galicia, e especialmente nos lugares nos que se instalen”, indicou Rueda.
O mandatario galego recalcou que a Comunidade non pode perder a oportunidade que se lle presenta para ser líder na transición enerxética pero que tampouco pode deixar de velar polos seus recursos, como leva facendo xa desde hai anos co Fondo de Cooperación Ambiental, que permitiu investir máis de 100 millóns de euros en melloras nos concellos galegos a través do canon eólico.
Divulgación e concienciación
O titular do Goberno galego anunciou a creación desta lei nunha visita que realizou ao Parque Eólico Experimental de Sotavento, en Xermade (Lugo), un complexo que invitou a coñecer a todas as persoas que queiran informarse sobre as enerxías renovables e as súas vantaxes tanto para o medio ambiente como para mellorar a calidade de vida dos cidadáns. O centro foi inaugurado no ano 2001 e, desde esa data, 250.000 persoas visitaron este espazo de referencia na promoción das enerxías renovables e da eficiencia enerxética que leva a cabo un labor fundamental na divulgación e concienciación da sociedade galega.




















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



