Poderán degustarse as mellores receitas de ourizo nos locais participantes: O Noso Lar, As Titas, O Faro, A Bodega, Maruxaina e Aquelarre
Cervo, 23 de marzo, 2023. A XXX edición da Festa do Ourizo terá lugar o sábado 25 de marzo, en San Cibrao. Para ese día están programadas diferentes actividades que terán ao equinodermo como protagonista.
A cita foi presentada alcalde, Alfonso Villares, o edil de Turismo, David Rodríguez, polas concelleiras de Cultura e Medio Ambiente, Dolores García Caramés e Mali Méndez, respectivamente, e por representantes da hostalería local que participan neste evento declarado de Interese Turístico Galego.
Como en anteriores edicións, tamén se celebrará un concurso gastronómico que está aberto aos locais da hostalería de San Cibrao que participan na festa: O Noso Lar, As Titas, O Faro, A Bodega, Maruxaina e Aquelarre. O concurso será mañá, 17 de marzo, na Casa da Cultura. Os participantes deberán entregar as súas propostas –dúas como máximo- ás 17:00 horas. O xurado, composto polos membros da asociación Cociñeiros Lugo, Jesús Villarino e Bruno Pena, e por Mar orosa, chef do restaurante Oviedo (Ribadeo), decidirá cales son as tres tapas gañadoras. A entrega de premios será ás 19:00 horas na mesma Casa da Cultura.
O día da festa os locais participantes ofrecerán a tapa do concurso e outras moitas variedades aos visitantes durante toda a xornada. Haberá folletos informativos nos que se especifican algunhas das tapas que se poderán probar, e que terán como denominador común o ourizo.
Ademais, haberá sesión vermú desde as 14:00 horas a cargo de Louband Street Band, na carpa da Praza dos Campos, que fará pasarrúas tamén á tarde xunto a Los Támega. Xa pola noite, desde as 22:30 horas a disco móbil Duendeneta amenizará a velada coa orquestra Funçao Públika na Praza dos Campos.
Desde o Concello de Cervo convidan a veciños e visitantes a participar nas diferentes actividades programadas con motivo desta festa declarada de Interese Turístico Galego desde o 2008.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



