Ribadeo, 9 de marzo de 2023. As concellerías de Turismo e de Educación de Ribadeo presentaron a VI edición dos Cantos de Taberna, que se desenvolverá o 18 de marzo do 2023 a partir das oito da tarde.
O concelleiro Pablo Vizoso explica que “os cantos de taberna son unha actividade moi tradicional en Ribadeo e noutras vilas de Galicia, que permite recuperar pezas tradicionais coas que tanto nos identificamos e tamén disfrutar dun momento de lecer de forma conxunta ese sábado á noitiña polos establecementos da vila”.
Pablo Vizoso engade que “as bases deste evento están publicadas na páxina web do Concello e nelas recóllese os requirimentos para participar. Os grupos participantes deberán estar formados por un mínimo de 5 persoas e un máximo de 10, que irán acreditadas de maneira visible. A participación neste concurso aumenta este ano o número de grupos, que se incrementa ata 15 ou ata un máximo de 150 persoas en total. Cada grupo ten que percorrer o itinerario que a organización lle indique e polo tanto debe realizar as súas actuacións nos locais de hostalería asignados”.
O edil de Desenvolvemento Local seguiu a relatar: “en canto ao repertorio, por suposto é de libre elección e preferentemente establécese que se compoña de temas populares e tradicionais, incluíndo algunha obra de arraigo ribadense, e poderán libremente ir cambiándoo ao longo do percorrido. E ademais das voces, que loxicamente son necesarias para participar nesta cita, os grupos poden incorporar os instrumentos musicais que consideren oportunos. Ademais cada grupo dispoñerá dunha especie de pasaporte, que deberá selar en cada establecemento e que será o medio de acreditación de ter realizado o percorrido. Por suposto os integrantes de todos os grupos están convidados a unha cea pincheo conxunta que terá lugar ese mesmo sábado ao remate das actuacións”.
Vizoso Galdo tamén explica que “a inscrición nos Cantos de Taberna é gratuíta e débese realizar a través do correo electrónico turismo@ribadeo.org ou chamando ao seguinte número de teléfono: 982.128.689. Os grupos participantes deberán achegar a ficha de solicitude, que está dispoñible e pódese descargar dende a páxina web do Concello, en http://www.ribadeo.gal//. En canto aos establecementos que desexen adherirse para participar neste evento tamén deben poñerse en contacto coa oficina de turismo de Ribadeo, a través do email turismo@ribadeo.org ou no teléfono 982.128 689. Neste caso deberán enviar as inscricións como moi tarde o 13 de marzo”.
Como en edicións anteriores, os establecementos participantes deberán convidar aos integrantes dos grupos a unha consumición básica: viño corrente, cervexa, refresco ou auga.
No acto de presentación dos VI Cantos de Taberna participaron os concelleiros de Turismo e Educación, Pablo Vizoso e Pilar Otero.
























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.

