Burela, 28 de abril, 2023. Este sábado no Polideportivo Rey Felipe VI de Boadilla del Monte celebráronse as dúas semifinais da Copa de S.M. a Raíña, ás 13.30 horas o A.D.Alcorcón FSF – Pescados Rubén Burela FS, que rematou cun resultado 1-6 que clasifica para a final ao Pescados Rubén Burela FS. Final que disputará mañá ás 13.00 horas contra o STV Roldán, que gañou esta tarde ao Futsi Atlético Navalcarnero cun resultado 4-2. O encontro de hoxe contra o Alcorcón foi un partido no que o Pescados Rubén mostrouse superior en todo momento, contra un rival moi difícil soubo dominar tanto a defensa como o ataque durante todo o partido acabando o encontro cun resultado moi tranquilizador para o equipo de Julio Delgado.
Na primeira parte non pasa moito tempo ata que Dany encaixa o 0-1 tras un pase de Peque. Continúa presionando o Burela cunha oportunidade de Saki no minuto 7 que sae fóra e outra clarísima de Peque no 8 que para a porteira Estela e logo dá no pau. E no mesmo minuto chega o 0-2 coa veloz Irene Samper tras un pase de Antía. Chega o gol do Alcorcón con Clau López no minuto 17 e segundos despois outra oportunidade clarísima de Peque que sae fóra. Chega o descanso con resultado 1-2 para o Burela FS.
No segundo tempo comeza atacando o equipo mariñán con Irene, Peque, Emilly e Dany e no minuto 24 Patricia atopa o gol que tanto buscaba (despois de varias oportunidades na primeira parte) e no 28 chega o 1-4 cun golazo de Emilly despois de roubar o balón a media pista e continuar ela soa o contraataque ata a portería contraria. No minuto 29 Guillermo Camarón decide optar xa pola porteira-xogadora, pero a sólida defensa do Burela non se permite un erro, chegando o 1-5 cun tiro de Peque a portería baleira no minuto 33 e o 1-6 final tamén con Peque cun gol de falta tras a sexta falta do Alcorcón.
Un Julio Delgado moi orgulloso do seu equipo, valora o encontro como “un partido moi serio” no que “fixeron maxia hoxe”. Cunha moi boa primeira parte, con moitas ocasións e unha segunda parte na que matizaron os detalles necesarios para saír vitoriosas, sempre dándoo todo. Facendo fincapé na importante ausencia de Cilene, un piar fundamental no equipo, prefire manter a súa boa saúde que arriscala por un título. Recoñece que sente favorito e, aínda que pode pasar o contrario, espera e sente que mañá o Burela FS proclamarase o equipo campión da Copa da Raíña por sexta vez, a quinta consecutiva.
Ficha Técnica A.D. Alcorcón FSF – Pescados Rubén Burela FS
A.D. Alcorcón FSF: Estela (P), Aída de Miguel (C), Laura Sánchez, Nere Moldes, Marta Nuño – cinco inicial -, Tania Benito, Clau López, Iraia, Luci, Paula Llorente, Oliva, Albita, Carmen Alonso, Patri Arruti (P).
Pescados Rubén Burela FS: Jozi Oliveira (P), Dany, Peque (C), Irene Samper, Emilly – cinco inicial- Saki, Cilene, Jenny, Antía Pérez, Patricia, Caridad (P).
Goles: Min.3 Dany 0-1; min.8 Peque 0-2; min.17 Clau López 1-2; min.24 Patricia 1-3; min.28 Emilly 1-4; min.33 Peque 1-5; min.36 Peque 1-6.
Equipo Arbitral: Andrés Botella López, Sara Gutierrez Echevarría, Alberto Carrion Álvarez.
TA: min.15 Saki, min.18 Julio Delgado, min.19 Peque, min.19 Antía, min.23 Emilly, min.32 Tania Benito.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



