Barreiros, 10 de abril, 2023. Co gallo da celebración das eleccións municipais o vindeiro 28 de maio e co obxectivo fundamental de que a cidadanía coñeza as propostas das distintas formacións políticas candidatas ao goberno de Barreiros, un conxunto de asociacións locais propoñern (ao igual que se fixo no ano 2015 e no ano 2019), a realización dun debate público en Barreiros entre as persoas candidatas á Alcaldía das candidaturas presentadas.
Este debate, de carácter público e absolutamente imparcial, proponse como un complemento imprescindible aos mítin electorais que poidan organizar os diferentes partidos políticos, coa idea de que a cidadanía teña a posibilidade de coñecer e confrontar de primeira man as propostas dos grupos políticos que concorren aos comicios, e nun espazo no cal se respecten as normas establecidas pola Xunta Electoral para os debates públicos.
Así pois, diríxese esta carta ao movemento asociativo de Barreiros coa finalidade de informar de dita iniciativa e convidar á totalidade de asociacións do concello de Barreiros a participar nunha reunión informativa e preparatoria do evento o XOVES 13 DE ABRIL ÁS 20H. NO CENTRO SOCIOCULTAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO, EN SAN COSME DE BARREIROS.
A adhesión dunha asociación a esta iniciativa plantéxase como a posibilidade de aportar temas a debatir e preguntas de interese xeral dirixidas á totalidade de cantidatos/os.
Esta iniciativa ten carácter asociativo e aberto polo que se prega ás asociacións receptoras desta carta que a compartan con aquelas outras asociacións de Barreiros e que puideran ter interese en participar coa finalidade de chegar conxuntamente a todo o movemento asociativo local.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



