Nese espazo deseñouse unha área de compostaxe comunitaria, unha pista multideporte, xogos dirixidos a un público xuvenil e mobiliario para uso da poboación en xeral
Barreiros, 19 de abril de 2023. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e a deputada de Mocidade, Mónica Freire, veñen de asinar un convenio que permite a finalización da adecuación dunha parcela municipal que se atopaba en estado de abandono a carón do colexio de San Cosme para convertela nunha zona de ocio e esparexemento xuvenil.
Este convenio financia a colocación dos xogos xuvenís por un importe de 72.539,57€, sendo a última das actuacións precisas para o seu uso final. Con este investimento, ponse fin ao proxecto de recuperación de dita zona para dotar o centro urbano de San Cosme dun espazo de ocio situado a carón do centro escolar e as vivendas sociais, cuxo investimento total ascendeu a 193.696,20 euros.
Nas vindeiras semanas darán inicio as obras de humanización do espazo para proceder a continuación á colocación dunha rede de escalada tridimensional de preto de 6 metros de altura e unha tirolina de 30 metros de longo, cuxos espazos se dotarán de chan de caucho, e dunha nova marquesina que sirva de refuxio para as nenas e nenos. Ademais, inclúe a colocación de mesas e bancos nos distintos niveis do terreo.
A colocación destes xogos vén a finalizar unha intervención importante nesa zona que pasou de ser un espazo residual que xeraba incomodidade e mal aspecto para a poboación a converterse no centro de ocio e xogos para as crianzas de idade máis avanzada, moi próximo ao parque existente dirixido a crianzas de menor idade e ao espazo utilizado pola xente maior. Complétase así un proxecto no que se actuou sobre a paisaxe e tamén sobre o uso dos espazos públicos, facendo desaparecer puntos residuais e ofertando novos espazos para todas as idades.




















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



