A Mariña, domingo 2 de abril 2023. O BNG continúa presentando candidatos para as eleccións do 28 de maio. No Valadouro será o actual tenente alcalde Eduardo Chao González a persoa designada pola asemblea local para aspirar á alcaldía. Chao, que levou ao Bng a formar parte do goberno local desde setembro do 2021 é veciño da parroquia de Santa Cruz e traballador na factoria de Alcoa. Según declaracións do candidato “todo o traballo desenvolvido ata agora escoitando á veciñanza e atendendo as súas demandas vai dando os seus frutos e vai situando ao noso concello como referencia en moitois eidos. Somos conscientes que queda moito por facer e que todos e cada un dos veciños e veciñas son imprescindibles para esta labor ilusionante que temos por diante e da que queremos que participen para conseguir o mellor para O Valadouro”.
O conxunto da candidatura formada por persoas das diferentes parroquias e da vila e que traballan tamén en diversos colectivos será presentada próximamente nun acto público.
Eloi Cabanas Ramos, candidato en Mondoñedo
Eloi Cabanas, nado en Vilamor en 1977, e actual portavoz municipal é Técnico Superior en Xestión de Recursos naturais e Paisaxísticos e especialista en explotacións agropecuarias, traballando na actualidade como bombeiro forestal. Preséntase a estas eleccións asumindo a responsabilidade de levar adiante o modelo Bng que tan bos resultados está dando en moitos concellos do país e da comarca e baixo unha idea clara “traballar por e para a xente cun proxecto práctico e moderno así como serio e riguroso para construir un Mondoñedo con oportunidades diante da parálise que atravesa nos últimos anos” afirmou Cabanas. O resto da candidatura que está formada por persoa de diveros ámbitos profesionais e de diversas parroquias será presentada nas vindeiras semanas.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



